Analizamos o símbolo feminino a través dunha choiva de ideas, da que afloraron aspectos moi interesantes.
"QUE IDEA, IMAXE OU PALABRA VOS SUXIRE ESTE SÍMBOLO?"
- Muller.
- Femia e macho. Son distintos, como o merlo femia e o merlo macho.
- É o día das mamás, avoas, mestras...
- E o día do home, cando é?
- 8 M.
- O edificio da XUNTA cambiou as luces brancas pola cor morada.
- Celébrase en todas as partes do mundo, onde hai mulleres.
- Eu vin ese símbolo na piscina, no parque de Belvís e na miña casa.
- Laura leva ese símbolo na camiseta.
...
*Reflexións das nenas e nenos da aula de 5º de infantil.
Despois, saimos ver a exposición do centro, #eutaménsonfeminista, coa que se pretende romper cos estereotipos machistas.
E sumámonos ao lema #eutaménsonfeminista!
Seguidamente colocamos os nosos símbolos no panel do 8 M e nos manifestamos a través do lema " Eu tamén son Feminista"
Ningún comentario:
Publicar un comentario