Esta semana o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de ter unhas xornadas de ciberseguridade cun policía experto, que nos informou dos perigos que podemos ter ao navegar pola rede, e nos deu varios consellos sobre que facer e non facer nas diferentes redes sociais.
Tamén aproveitamos para facer un repasiño polos videoxogos recomendables para a nosa idade, así como as idades axeitadas para empregar diferentes redes sociais.
Mais de un e unha levou unha sopresiña, e descubríu cousas das que non tiña nin idea. Tamén é moi gratificante descubrir que gran parte do alumnado está moi informado de como se debe actuar con seguridade ao navegar polas redes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario