xoves, 10 de novembro de 2022

VENDIMA

 Este xoves 10 de novembro, tivo lugar a vendima por parte do alumnado de educación infantil e as familias.

O obradoiro iniciouse cunha explicación por parte dunha familia sobre o proceso, acompañada dunha canción propia do traballo da vendima.

O espazo do patio transformouse nun viñedo onde se desenvolveron as actividades propias da vendima, seguindo as distintas estacións:  recolecta, selección, prensado, colado e cata.

Agradecer ás familias a súa participación, tanto no envío de recursos, coma na preparación e desenvolvemento da proposta.


PREME AQUÍ- ÁLBUME DE FOTOS DA VENDIMA








Ningún comentario:

Publicar un comentario