O Alumnado de 6º despídese do cole, e que mellor maneira que facelo cunha boa excursión completiña de actividades!
Pasamos o martes e mais o mércores na praia das Sinas, en Vilanova de Arousa, e alí fixemos Padle surf e mais kayak... e por suposto bañámonos, a auga estaba moi boa!
Aproveitando a praia xogamos ao Brilé e tivemos algo de tempo libre no que aproveitamos a coñecer un pouco a zona na que estabamos.
Pola noitiña, antes de irnos a durmir, enchémonos de enigmas e códigos dificiles de descifrar para poder concluir a Misión Imposible de Dragon Ball.
O mércores tivemos un pouquiño de mala sorte co tempo, asi que tivemos que estar un ratiño a cuberto, practicando tiro con arco e mais o Kubb, un xogo que non coñeciamos! Despois cando a chuvia nos deu un pequeno respiro, xa saímos de novo a facer xogos na area!
Un fantástica maneira de pasar un par de días todas e todos xuntas/os, antes de marchar para o instituto!
Que bonitos recordos que levan. Moitas grazas!
ResponderEliminar