O martes, o alumnado de 1º e 2º do cole visitou Villa Regina un enclave situado en Santa Comba. Unha Granxa Escola. Un proxecto que nace do corazón da súa dona para poñer en valor a cultura de aldea e o vivir en armonía coa natureza.
En canto chegaron, foron coñecer a todos os animais que habitaban na granxa.
Comezaron visitando aos pitiños e as súas nais as galiñas e puideron darlles de comer e ver a unha delas chocar os seus ovos. Despois foron coñecer a Rosalía, unha porquiña celta que se puxo moi contenta de ver tantos nenos e nenas visitándoa. Por último, foron coñecer as cabras e á burriña Carolina que fixo moi boas migas con algúns nenos e nenas do cole.
A 2ª parte da visita consistíu en facer actividades moi divertidas empregando a contorna. Fixeron xogos con aros, carreiras, recorreron un labirinto e tiveron que resolver algúns enigmas.
Contra a tardiña e para rematar un día tan especial, deron un paseo á beira do Río Xallas e visitaron o Castro de Turnes onde alguén moi enigmático lles deixou unha lambetada para cada un deles e delas.
VER TODAS AS FOTOS DA EXCURSIÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario