Unha cámara estenopeica é unha cámara sen lente nin obxectivo. Basicamente é unha caixa escura cun pequeno orifico (estenopo), a través do cal pasan os raios de luz que incidirán sobre o papel fotográfico, creando unha imaxe. Estas cámaras artesanais, pódense crear con cartón, madeira, plástico, latas, etc.
A caixa débese colocar nun sitio fixo e non podemos movela. Por iso, cando abrimos a xanela do estenopo para que entrase a luz, debemos facelo con moito coidado.
Despois
de coñecer este tipos de cámaras e aprender sobre ela, revelamos a foto
nun cuarto escuro e obtivemos estes resultados... uns, mellor que
outros, pero unha experiencia moi novidosa e fantástica!
Grazas a Eutropio Rodríguez polo seu traballo neste obradoiro tan interesante. Eutropio é un fotógrafo con traballo a escala internacional. Publicou, entre outras, na revista Rolling Stone e traballou con profesionais tan prestixiosas coma Mary Ellen Mark. Un privilexio telo no cole!!
ResponderEliminarCerto que si, o alumnado quedou encantado coa actividade!
ResponderEliminar