mércores, 6 de abril de 2022

Saída ao museo do Pobo Galego

 O alumnado de 2º a 6º de primaria fixo unha saída o día venres 1 de abril ao Museo do Pobo Galego.

A excursión comezou ás 10:10, e iniciaron a ruta polo parque de Bonaval, onde merendaron.

Seguiron o camiño de Bonaval ata que chegaron ao Museo do Pobo Galego.


Xa dentro, foron a unha sala de cine onde reproduciron unha serie de 6 curtas do festival Olloboi, un festival de Boiro (A Coruña), onde se fai o concurso de curtas Mice Petís, que é unha mostra cinematográfica infantil. 

Cando saíron xa case era a hora, aproximadamente as 13:30, así que pasaron polo colexio para coller as cousas e saír. 

Noticia redactada por: Elena, alumna de 4º de primaria.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario