O alumnado de infantil mais 1º e 2º de primaria ríu ata escachar coa contacontos María da Pontragha!
Escoitaron o conto da Raíña Lupa, o da vella que quería almorzar caldo... cantaron, aprenderon e recitaron trabalinguas... Nico axudoulla a interpretar o conto das serpes...
Unha maneira moi divertida de dar por finalizado este 2º trimestre!
Moitas grazas polo encontro María!
Ningún comentario:
Publicar un comentario