Este venres tivemos a sorte de encontrarnos no cole con María Canosa, despois de estar traballando coa "Cazadora de estrelas", con "Acuario" e o "Caderno de lúas".
Puidemos coñecer un pouco mais sobre Megumi e Turrón (persoaxes de A Cazadora de estrelas) así como da autora María Canosa, que atendeu e respondeu a casi todas as preguntas que o alumnado tivo sobre os libros, a súa vida ou a profesión de escritora. E as compañeiras de 3ºB tamén lle puideron agradecer a visita cun agasallo en forma de poema.
Axudounos a ver como funciona ese proceso de produción dun libro, dende que empezan a xurdir as ideas, ata que por fin se edita e chega ás librarías... e todo o traballo que queda polo medio.
Sempre é unha marabilla poder gozar dun ratiño con personas como María que queren compartir con nós. Moitas grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario