martes, 29 de marzo de 2022

Cámaras estenopeicas 1º

Unha cámara estenopeica é unha cámara sen lente nin obxectivo. Basicamente é unha caixa escura cun pequeno orifico (estenopo), a través do cal pasan os raios de luz que incidirán sobre o papel fotográfico, creando unha imaxe. Estas cámaras artesanais, pódense crear con cartón, madeira, plástico, latas, etc. 

A caixa débese colocar nun sitio fixo e non podemos movela. Por iso, cando abrimos a xanela do estenopo para que entrase a luz, debemos facelo con moito coidado.

 Despois de coñecer este tipos de cámares e aprender sobre ela, revelamos a foto nun cuarto escuro e obtivemos estes resultados... uns, mellor que outros, pero unha experiencia moi novidosa e fantástica!









Ningún comentario:

Publicar un comentario