Hoxe é o día da Candeloria, nesta data, no calendario da cultura popular galega, se festexa o día no que se casan os paxariños.
Lingoreta cóntache un pouco mais: xa as avoas, os avós, bisavoas e bisavós falaban desta data como unha celebración da luz, da prosperidade e da purificación. Esta data coincidía co peche do ciclo navideño e o rexurdir da natureza de novo, significando esto como unha antesala da chegada da primaveira. Por eso neste momento, as aves migratorias regresaban, e de aí que se considere o día en que "casaban os paxariños", para emparexarse e criar.
“Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola".
E se falamos de paxariños... coñeceriades algún dos páxaros da seguinte imaxe? Veña, probade sorte escribindo nos comentarios!
moucho,pega,peto,aguia,andoriña,cegoña,corvo,martiño pescador,gorrión,pillara das dunas,e pelicano
ResponderEliminar