mércores, 23 de febreiro de 2022

ACHEGÁNDONOS A ROSALÍA DE CASTRO

 *Noticia contada polos xornalistas Antón e José da aula de 4º de Primaria.

 

SAÍDA AO MUSEO CASA DE ROSALÍA, DE 4º DE PRIMARIA

 O alumnado e 3º e 4º de primaria do CEIP Apóstolo Santiago, o día 22 de febreiro, fomos en bus ata Padrón, ao museo casa de Rosalía de Castro, vimos a súa cama onde contaba a súa historia.

  







Alí, gravamos un vídeo recitando o poema de Rosalía de Castro (“Adiós rios, adiós fontes”) con pictogramas, para unha actividade do cole.

 

 

 Despois, mentres esperabamos a que as compañeiras e compañeiros terminaran de recitar o seu verso encontramos o pai de Joana de 6º que nos deixou transplantar unha camelia no seu obradoiro. 


 A continuación, fomos ao parque botánico a merendar e cando rematamos, xa tocou coller o bus para volver a Santiagode Compostela.

 




                                        



Ningún comentario:

Publicar un comentario