mércores, 9 de xuño de 2021

ROTEIRO LITERARIO POR COMPOSTELA

O alumnado de infantil estivo traballando cos libros de Branco de cores, e acompañando a “Unha vaca marela en Compostela”, están a facer varios roteiros literarios adentrándose na zona vella da cidade, para visitar os diferentes lugares que aparecen no conto, (monumentos, portas, prazas e recunchos de interese…). 

Estiveron traballando con mapas de Santiago para marcar o percorrido e rodear os lugares a visitar, investigaron sobre o que ían ver en cada un dos roteiros e posteriormente debuxaron en grupos o que visitaran pola cidade. 

Un traballo moi completiño que lles axudou a coñecer mais a cidade na que viven, da man do Proxecto Compostela. 

*Rematados todos os roteiros, subiremos un álbume con todas as fotos.

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario