venres, 23 de abril de 2021

DIA DO LIBRO- BOOKFLIX

A semana pasada, o alumnado nas aulas estivo conversando e escollendo libros que por algún motivo lles gustaran ou marcaran algunha etapa da súa vida e contando a súa sinopse ao resto de compañeiras e compañeiros, para posteriormente escoller algúns deles e plasmar as súas portadas nos corredores do cole para compartilos e recomendarllos as súas compañeiras/os de outras aulas.

Despois de cargar de literatura e cor toda a escola, esta semana estanse adicando a percorrer os diferentes espazos do colexio, para ir colocando con papeles de cores os seus nomes naqueles libros que coñecen, que leron e que lles gustan (darlle like, din elas e eles), así como tomando nota daqueles que aínda non tiveron a oportunidade de ler, para poñelos na súa lista. 

Lingoreta, tamén está paseando por estes espazos para coller ideas que poder engadir as súas próximas novidades.

 

Alumnado de infantil-C e 2º ciclo-B visitando os corredores.










Ningún comentario:

Publicar un comentario