Para rematar os traballos feitos no mes do 8 de marzo, recibimos a atleta Paula Mayobre no centro, e por ciclos, puidemos coñecela e falar con ela.
Paula nos presentou a súa historia, mais a de Vero Boquete, e nos contou en primeira persoa as dificultades que se atopou no mundo do deporte por ser muller, tanto nas primeiras etapas como a nivel profesional.
Tanto involucrou á rapazada na súa historia, que foron moitas as mans que quedaron levantadas para facerlle preguntas, pero por mor da falta de tempo quedaron no aire.
Visitas coma esta, nos achegan a unha realidade na que día a día temos que seguir traballando para chegar a esa tan desexada IGUALDADE... da de verdade.
Moitas grazas Paula polo teu tempo, un pracer ter a túa visita no cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario