mércores, 9 de decembro de 2020

PRÉSTAMO DE CONTOS EN INFANTIL

 Tras a invitación de Lingoreta a visitar a biblioteca de centro, puxemos en marcha as aulas de infantil o sistema de préstamo de contos semanais. 

 Acudimos á biblioteca na quenda acordada e cada neno/a escolleu un conto que posteriormente incorporaríase na folla de rexistro do conto trimestral.

Decoramos as nosas bolsas para incorporar no seu interior o conto e a carpeta coa folla de rexistro xunto a tarxeta co título do conto.

 



 

Rexistramos semanalmente, anotando o título do conto seleccionado.

 

  

Xogamos co título do conto, a través dunha lectura global das palabras que o compoñen. Buscamos a correspondencia entre son-grafía e colocamos as palabras do texto na orde correspondente


   

Ningún comentario:

Publicar un comentario