O venres día 20 de novembro, celebramos o días dos dereitos das nenas e dos nenos.
Celébrase este día, por coincidir coa aprobación da Convención dos dereitos das nenas e dos nenos, na asamblea xeral das nacións unidas o 20 de novembro de 1989.
Este día mundial, recorda a importancia que teñen os dereitos á educación, familia, saúde, identidade, protección...de todas as nenas e nenos independientemente do lugar no que naceran.
Nas aulas traballamos cun cómic de Mafalda, intentando interpretar cada unha das viñetas e engadíndolles un diálogo, que creiamos que podería representar as sesnsacións dos personaxes, segundo o significado de cada dereito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario