Como este ano non se poden facer os amadriñamentos lectores da maneira habitual coma os cursos anteriores, o alumnado de 3º ciclo, quixo darlle unha volta para seguir compartindo dalgún modo, momentos cos cursos mais cativos.
Deste xeito, botaron man de Lingoreta, e mediante estas caixiñas, van ir enviando contos e notiñas, para manter o contacto, na distancia.
Antía e Irene, de 3º ciclo C, son as primeiras en enviar o contiño que escolleron, "Rosa Caramelo".
Ningún comentario:
Publicar un comentario