mércores, 25 de novembro de 2020

25 N. CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

*Esta entrada irase actualizando diariamente co novo material que se vaia recibindo.  

 

Un ano mais e coma todos os días do ano, este centro quixo expresar a súa repulsa e rexeitamento contra a violencia de xénero.

 

   
      
     
 
  
 







 
 Dende as diferentes aulas, foron distintos os traballos que se fixeron ao longo desta xornada, pero non quedou unha na que hoxe non se dixera un claro "NON".

O alumnado de EI- B traballou baixo a tarefa "Desciframos a mensaxe do 25N". Tras ler as mensaxes que aparecían polas diferentes máscaras das mestras ou nos carteis do cole, e despois de analizar termos como Loita, Contra ou Machismo, indagando a fondo sobre este último por ser o mais descoñecido para elas, foron moitas as respostas que foron saíndo e moito o que deu para traballar.

 
Lara contándolle ao alumnado de 2º ciclo B o conto "La Cenicienta que no quería comer perdices"

Tamén buscaron información sobre mulleres que foron presidentas e debatiron sobre o tema. 

 
Por último, presentaron unhas a outros as súas creacións da actividade "Dalle unha volta", (onde versionaron contos xa escritos).


 
O alumnado de 3º ciclo B, traballou e fixo diferentes exposicións as suas compañeiras e compañeiros, acompañándoas dun lema.
 
 
 
   
O alumnado de 2º ciclo A quere compartir con nós este video (e as fotos dos carteis por se non os damos lido ben), con todo o que fixeron nesta xornada.


 
O alumnado de Educación infantil- D, ten clarísimo que quere que este día poida desaparecer, e neste vídeo volo deixa moi claro

-----------------------------------------------------------------------------
 Como actividade xeral do centro, o alumnado que quixo, participou no certame "DALLE UNHA VOLTA", escollendo historias ou contos xa escritos, cos que non estaban moi dacordo cos roles de xénero que se espoñían, e dándolle unha volta.

 

 

 

 

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario