Bo día amiguiñ@s!
Aínda que estedes na casa, eu sigo aquí na biblio esperando que volvades andar por aquí visitándome. Facemos esta espera un pouco mais entretida?
Hoxe é o día da poesía, propóñovos un xogo para facer algúns poemas de maneira moi sinxela: Collede os títulos dalgúns libros que teñades pola casa, e unídeos de xeito que fagades un pequeno poema. Non vos preocupedes, non ten porque ter rima, eso xa sería complicado de conseguir, os "haikus" son composicións poéticas de orixe xaponés con tres versos sen rima, simplemente ten que ter algún sentido, e sonoridade.
Enviádeos nos comentarios, e logo facemos unha entrada coa recopilacións de todos os poemas feitos.
Veña, animádevos!
Unha apertiña! Lingoreta.
Viernes,
ResponderEliminarmi familia y otros animales
El universo de los sencillo.
Más allá del jardín,
ResponderEliminarAgora falarei de min
non me colleredes viva.