O alumnado de 5º de Educación Primaria estivo traballando no obradoiro de stop motion ao longo deste derradeiro periodo do curso, coa asociación Agareso, nun obradoiro que forma
parte das Educomunicativas do proxecto EdP, que se realiza xunto a Asamblea de
Cooperación pola Paz.
Con gran esforzo por parte dos nenos e nenas, a titora Madó e o gran equipo de Agareso que dirixiu este proxecto foron quen de crear, utilizando materiais como plastilina e pezas de Playmobil, un pequeno curto no que se conta unha historia que xira arredor da importancia de coidar o medio ambiente, e que como non podía ser doutro xeito, estrenaron o 5 de xuño.
O resultado foi realmente impresionante!Noraboa a tod@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario