Decembro é un mes
máxico, un mes de agardar polo descanso merecido dun primeiro trimestre , un
mes preludio do novo ano e sobre todo para as nosas nenas e nenos , un mes de
agardar porque chegue esa noite máxica na que o Apalpador baixa das montañas do
Courel.
O Apalpador adoita
deixarnos unha presiña de castañas ademais de brinquedos que nos enchen de
ledicia.
Para que as nenas
e nenos teñan claro que tipo de xogos van pedir ao xigante do Courel, dende a biblioteca pedimos á xoguetería
Chafarís, situada na Rúa Algalia de Arriba nº 16 , aquí en Compostela, que nos
emprestara a súa maleta viaxeira.
Lembrade que un
xoguete que fomenta os estereotipos de xénero, non é un xoguete de calidade e
que o mellor agasallo é aquel que se pode desfrutar en compañía ,como por
exemplo un libro en galego para ler en
familia.
BOAS FESTAS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario