domingo, 25 de novembro de 2018

DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste 25 de novembro a comunidade educativa e o alumnado do colexio quixo facer algo especial para recordar a todas as vítimas desta lacra que nos afecta a tod@s. Para iso, decoramos o cole con lemas que rechazan este tipo de violencia e tod@s viñemos ao cole vestidos de negro. Tamén sacamos unha foto tod@s xunt@s na que nos tapamos as caras cas bandeiras e cartaces propios deste día.



Ademais, desde a aula de inglés tamén traballamos esta temática co alumnado de 6º de Primaria, máis concretamente na materia de Plástica, onde ademais de mans que teñen diferentes frases fixemos un mural co seguinte lema:

Nos estamos en contra da violencia de xénero




En todos os corredores do cole quedaron marcadas as nosas pegadas a conta dun día coma este.

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario