venres, 11 de abril de 2025

CONTA COMIGO EN 4º DE INFANTIL

 O alumnado de 3º adicou un tempiño a preparar un conto para ler na aula de 4º de Infantil. 

A experiencia foi fantástica xa dende o comezo: ilusión, nervios, preparativos... E a experiencia foi marabillosa, xa que o grupo foi recibido con moito agarimo (grazas Mirian e nenas e nenos de 4º de Infantil), e o público escoito con moita atención o contiño elixido: "Once damas atrevidas", do escritor galego Oli. Como o temos na nosa biblioteca, podedes collelo para lelo de novo!!!




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario