venres, 28 de marzo de 2025

XOGANDO A DEBUXARNOS DE MANEIRA COOPERATIVA

 Colocámonos en círculo, diante dunha folla de papel, escribindo o noso nome e dándolle a volta ao folio.
Cando a música sona, movémonos na contorna do círculo parando diante dun folio cando a música cesa.

Debuxamos unha parte do corpo acordada: cabeza, ollos, nariz, orellas, boca, pelo, pescozo, tronco, brazos, mans, pernas e pés. Seguimos xirando e o proceso se repite ata que o esquema corporal está completo.




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario