O alumnado de 2º visitou hoxe a sede Afundación que co motivo do 75 aniversario da Editorial Galaxia preparou unha exposición.
As crianzas que alí foron, fixeron un pequeno repaso e percorrido polo traballo realizado por diferentes autores e autores como Castelao, Otero Pedrayo, Rosalía de Castro... así como de editores como Carlos Casares e outros fundadores da Editorial. A persoa que nos guiaba foi tratando isto contándonos diferentes historias a modo de contos.
Para finalizar realizamos un marcapáxinas dunha galiña, recordando o coñecido libro de A Galiña Azul de Carlos Casares.
Unha xornada diferente que nos axuda a coñecer ou lembrar parte da tradición literaria de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario