venres, 21 de marzo de 2025

AS REGUEIFAS DO APALPADOR

 Como ben sabedes este ano o Apalpador saiu do Courel con ánimo ben festeiro e decidiu desfrutar do entroido coñecendo diferentes máscaras e figuras que existen en Galiza. Comezou vestíndose de Xardoeira e convidando ao alumnado a adiviñar de que iba vestido a ritmo de regueifa. As nenas e nenos seguíronlle o xogo e como quen non quere a cousa chegamos a estas alturas cun feixe de coplas e moita vontade de cantar. Decidimos entón que a mellor maneira de dar a coñecer  o noso traballo era participar no Enregueifate (premer aqui para máis información sobre o enregueifate).
 

Tantas foron as coplas que o noso alumnado compuxo que sobrepasaban o tempo establecido nas bases para participar no certame.  Decidimos entón colgar no blogue a versión completa e enviar a versión reducida  ao Enregueifate. Desfrutade!

Este ano o Apalpadore
Trouxo festas e regueifa
Dende o Courel até Vigo
Co Felo  e a peliqueira
Aila lá lalala lailá
Aila lá lalalala lá
Aila lá lalalalailá
Aila lá lalalala lá

Moitas grazas a Nano pola colaboración na edición do vídeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario