mércores, 17 de abril de 2024

Día da educación física na rúa

 A educación física é unha materia escolar que contribúe ao desenvolvemento integral do alumnado. Emprega o corpo e o movemento como obxecto de coñecemento e acción, implicando múltiples funcións cognitivas e executivas.

Dende o 2011, o COLEF de Asturias, promoveu a primeira xornada da Educación física na rúa, e no 2012 converteuse no evento educativo simultáneo mais multitudinario acontecido en España ata o momento.

Este curso, sendo a 14ª edición, adherímonos 862 escolas de todo o territorio español, participando un total de 153.179 nenas e nenos de diferentes comunidades autónomas.

A nosa escola hoxe quixo amosar a importancia desta materia, cunha xornada de convivencia na que se desenvolveron unhas pequenas olimpiadas xogonas, na que o alumando de 6º foi o principal organizador, explicando xogos, e dinamizando as actividades. O resto do alumnado, agrupado por cores, de xeito que en cada grupo había alumnado dende 4º de infantil ata 5º de primaria, foi pasando de xogo en xogo para gozar deste día.

 Unha actividade deportiva, pero tamén de axuda, solidaria, respectuosa e responsable, na que unha vez mais, a convivencia entre todo o alumnado e mestras do cole, ten por resposta unha actividade tan fantástica como a de hoxe.

Moitas grazas especialmente ao alumnado de 6º polo seu esforzo e traballo!
















Ningún comentario:

Publicar un comentario