xoves, 22 de xaneiro de 2026

CONTA COMIGO EN 2º DE PRIMARIA.

 Onte o alumnado de segundo asistiu a un obradoiro de primeiros auxilios impartido por Alicia e Miguel, pais da nosa compañeira Maruxa. Aprendimos como actuar ante un atragoamento, escordadura, como facer vendaxes, curar feridas e incluso como actuar se vemos a unha persoa inconsciente. Aprendimos un montón!






CINE DE INVERNO


 


venres, 16 de xaneiro de 2026

COÑECE O MEU CLUB

Esta semana na escola tivemos unha actividade moi divertida. O alumnado de 1º a 5º puido coñecer un pouco máis sobre o hóckei grazas ao Club de Hóckei Compostela.

As persoas do club viñeron ao cole e explicáronnos que é o hóckey, como se xoga e que material se usa. Tamén fixemos algunhas actividades e probamos a xogar un pouco.

Esta actividade forma parte do programa “Coñece o meu club”, que está dentro do PVAD do noso centro. Gustounos moito porque aprendemos un deporte novo e pasámolo moi ben cos nosos compañeiros e compañeiras.

Foi unha experiencia moi divertida e aprendemos moitas cousas novas. 🏑


 

domingo, 11 de xaneiro de 2026

Somos barrio: paseamos para detectar barreiras e construír inclusión

No marco do proxecto de centro “Somos barrio” e coincidindo coa conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o noso alumnado participou nunha actividade moi especial fóra das aulas.

Ao longo dunha saída polas rúas dos barrios da Almáciga e de San Pedro, nenos e nenas convertéronse en observadores e observadoras activas da súa contorna, co obxectivo de buscar, identificar e analizar barreiras arquitectónicas que dificultan a mobilidade e a autonomía de moitas persoas.

Durante o paseo, o alumnado detectou beirarrúas estreitas, ramplas inexistentes ou mal deseñadas, escaleiras sen alternativa accesible, pasos de peóns pouco adaptados ou obstáculos no espazo público. A partir destas observacións, reflexionaron sobre como estas barreiras afectan á vida diaria das persoas con discapacidade e doutros colectivos, como persoas maiores, familias con carriños ou persoas con mobilidade reducida temporal.

A actividade non rematou coa observación: nas aulas, o alumnado analizou as barreiras atopadas e elaborou propostas de mellora, apostando por un barrio máis accesible, seguro e inclusivo para todas e todos.

Con iniciativas como esta, seguimos aprendendo que coñecer o barrio é o primeiro paso para coidalo e transformalo, e que a inclusión constrúese tamén desde a mirada crítica, a empatía e o compromiso coa comunidade.

**Seguiremos subindo imaxes e propostas a medida que se vaian colgando no espazo do proxecto.






xoves, 8 de xaneiro de 2026

OS CURSOS MÁIS ALTOS DA ESCOLA FIXERON UN ROTEIRO AMBIENTAL

Os pasados xoves 11 e venres 12 de decembro, o terceiro ciclo do C.E.I.P. Apóstolo Santiago fixo unha excursión da man de Feitoría Verde, unha cooperativa galega. O proxecto chamábase “Entre Sar e Sarela”. 

A saída consisitía en que catro grupos, guiados pola encargada, foran anotando e fotogafando  un máximo de once obxectos, dos parques e xardíns da contorna, relacionados con catro ámbitos distintos: ocio, saúde, biodiversidade e cambio climático. 

As crianzas paseaban cunhas gafas postas buscando cousas relacionadas coa súa temática. Logo describían o obxecto elexido nun papel e sacábanlle unha foto.
Aínda que pasaron frío, pois a actividade realizárona durante as primeiras horas da mañá, o alumnado desfrutou moito desta saída tan orixinal e divertida, posto que, ademais de coñeceren os parques e xardíns preto da escola un chisco máis, aprenderon a prestar atención ás cousas pequenas e a tomar decisións en consenso. 

Despois de todo, os días de excursión, sempre son divertidos.

Noticia redactada por Uxía Lubián 

domingo, 21 de decembro de 2025

FESTIVAL DE NADAL

Chega o Nadal e con el o Festival de fin do primeiro trimestre, co que poñemos o broche final aos primeiros meses de traballo. Foi unha xornada chea de alegría na que o alumnado foi o verdadeiro protagonista. Gozamos de actuacións musicais, con cancións e interpretacións preparadas con moita ilusión, e tamén de exhibicións deportivas, nas que o alumnado amosou o traballo realizado nas aulas. Foi unha oportunidade perfecta para celebrar xuntos, aplaudir o compañeirismo e despedir o trimestre cun sorriso.

Con este festival queremos tamén felicitar as festas e o aninovo a toda a comunidade educativa: alumnado, familias e profesorado. Desexámosvos un tempo de descanso, alegría e bos momentos para recargar enerxías. ¡Bo Nadal e felices vacacións! 🎄✨

 

1º PRIMARIA: DANZA DOS 7 SALTOS, (TÍPICA DE DINAMARCA. ) 

 

 

4º DE PRIMARIA. ACTUACIÓN DE ACROSPORT COA MÚSICA DE "SEMENTEIRA" DE ASTAROT. 

  

 

2º E 3ºB DE PRIMARIA, CANTO DE REIS DE QUINTELA D'OENCIA  

  

 

ICÍA E VERA INTERPRETAN AO SAXO "COCONUT (JEROME NAULAIS)

  

 

 3º DE PRIMARIA. ACTUACIÓN DE ACROSPORT COA MÚSICA DE "LELA" DE ASTAROT. 

  

 

 5º DE PRIMARIA. INTERPRETAN POLKA QUINTA 

  

 

 6º DE PRIMARIA. INTERPRETAN MARCHA SEXTA 

  

 

 4º E 3ºA DE PRIMARIA. CANTAN E TOCAN "VELO QUE BONITO" (TRAD COLOMBIA)

 

venres, 19 de decembro de 2025

Recomendacións lectoras e xogonas para o Nadal 🎄📚🎲

Co Nadal xa ás portas, queremos compartir convosco unha selección de recomendacións lectoras e xogonas pensadas para desfrutar en familia durante as vacacións. Son propostas que convidan a ler, xogar, imaxinar e compartir tempo de calidade, fomentando valores como a igualdade, o respecto, a creatividade e a cooperación.

Estes libros e xogos están adaptados ás diferentes idades e intereses do noso alumnado, e pretenden ser unha alternativa educativa e divertida para estes días tan especiais.

Queremos agradecer especialmente á Comisión de Xénero da ANPA “As Mulleralias” a súa colaboración e implicación na elaboración desta selección. Así como a nosa libraría e tenda de xogos de confianza A Lila de Lilith e Chafarís respectivamente. A súa axuda foi fundamental para ofrecer recursos coidados, diversos e comprometidos cunha educación en igualdade.

Agardamos que estas recomendacións vos resulten útiles e que o Nadal veña cheo de boas lecturas, xogos compartidos e momentos inesquecibles en familia.

Boas festas!✨🎁




 


RUADA DO APALPADOR

 Como cada ano o Apalpador non falta nunca á súa cita. Lembrade que hoxe a partir das 18.30 da tarde andará pola Gentalha do Pichel.

 

  E como cada ano contaxia maxia a moreas, mirade o que fixo cos debuxos das crianças de 6º de E.I. 

 


xoves, 18 de decembro de 2025

COUSAS DO DÍA A DIA EN 2º DE PRIMARIA

 Durante este primeiro trimestre en segundo estivemos a practicar o que aprendimos dunha forma diferente: con estacións de aprendizaxe! Esto consiste en ir rotando de estación a estación en grupos, cunha proposta distinta en cada unha e un tempo limitado. 

Aquí podedes ver fotos das que fixemos para mates e para practicar o vocabulario da casa e do Nadal en inglés.

 





ATA PRONTO SAMANTA


Hoxe recibimos un precioso agasallo da nosa mestra Samanta. Agradecímosllo da maneira máis fermosa e espontánea que sae das crianzas, cunha GRAN APERTA.
Grazas Samanta por acompañarnos neste primeiro trimestre!
Desexámosche o mellor!




 

AS ESCULTURAS DE OUTONO


Mañá despedimos o outono levando as nosas esculturas para casa.
Despedímonos ata o inverno!


 

POSTAIS DE NADAL


As postais de Nadal de 5⁰ EI van en camiño á casa dos compañeira e compañeiros de infantil.
Bo Nadal para todas e todos!