Hoxe celebrouse a XII Mostra do Entroido de Lamas de Abade adicada ao Folión de Mormentelos. Esta é unha iniciativa promovida polos centros educativos que se atopan no entorno de Lamas de Abade e na que estamos incluídas como centro, xunto ao CEIP Pérez Viondi da Estrada. O obxectivo principal desta celebración é dar a coñecer entroidos tradicionais de todo o país. Os centros educativos participantes, traballamos sobre a figura elixida e elaboramos disfraces similares aos que se utilizan no Entroido homenaxeado. Outro dos obxectivos enmarcados dentro da Mostra é que o alumnado poda visualizar en directo as figuras traballadas. É fundamental a implicación dos centros educativos e do concello ao que pertencen as figuras, no caso deste ano Vilariño de Conso, para que se materialice a presenza de representantes do Folión de Mormentelos.
Por outra banda é moi importante a convivencia que se desenvolve tal día como hoxe no entorno educativo de Lamas de Abade. Se o tempo o permite, non nesta ocasión, as persoas alí presentes acompañadas da representación do Entroido ao que se adica a Mostra visitan todos os centros educativos presentes: O CIFP Compostela, a EEI Raiola, o IES Lamas de Abade o CEIP Lamas de Abade e o CEE Duques de Lugo.
No noso caso é imposible a presenza de todo o alumnado da nosa escola nesta celebración dada a limitación espacial do Salón de actos no que se desenvolven parte das actividades. As nenas e nenos de sexto son as encargadas de representarnos neste acto.
O ano pasado incorporáronse a esta iniciativa As xeneralas de Angrois.
Durante o curso 23/24 a Mostra do Entroido foi recoñecida co premio Antonio Fraguas que convoca o Museo do Pobo Galego.
De seguido unhas imaxes da Mostra deste ano.
👉Os personaxes do Entorido de Lamas, o "Frade o Abade e o porco", xunto co grupo musical "Abadiño Son" (primeria imaxe). Xenerais de Angrois, alumando do IES Lamas de Abade facendo "atranques"(segunda foto)
Ningún comentario:
Publicar un comentario