As alumnas e alumnos de 3°, 4° e 5° de primaria fomos ao Auditorio de Galicia para ver a obra "Mini Mozart"; un espectáculo interactivo entre o público e os artistas, resultado dun proxecto de colaboración entre a Real Filharmonía de Galicia e o Serviço Educativo da Casa da Musica de Porto (Portugal), co que puidemos disfrutar dalgunhas das pezas musicais deste recoñecido compositor austríaco, ao mesmo tempo que nos transportaron á epoca do Clasicismo e do século XVIII mediante unha xenial interpretación por parte de dous actores que fixeron o papel de Mozart e da súa irmá, Marianna.
Ao mesmo tempo que os/as artistas tocaban, cantaban e actuaban, tamén nos explicaron os distintos instrumentos que compoñen a orquestra.
Ao final da obra, invitáronnos a participar no "concerto final" cantando.🎺🎻🥁🎼🎵🎼🎵
venres, 3 de marzo de 2023
Minimozart no auditorio
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario