venres, 11 de febreiro de 2022

COÑECENDO COMPOSTELA 3º e 4º

 O alumnado de 4º de primaria, a modo de xornalistas, nos contan a saída pola cidade de 3º e 4º de primaria do 9 de febreiro e algunha información sobre cada un dos sitios que visitaron.

👉 EQUIPO ROSA

 A PRAZA DA QUINTANA

O alumnado de cuarto de educación primaria realizou unha excursión ao Teatro Principal, pasaron toda a mañá por Santiago. Pola hora da merenda foron á Praza da Quintana.

Aquí contamos a súa lenda:

 Conta a lenda que debaixo dos chanzos da Quintana dos Mortos hai un túnel que conduce á Porta Santa, un pasadizo no que os relixiosos da Catedral e as monxas  mantiñan encontros furtivos.

 Para poder construír semellantes escaleiras, o Bispo tivo que negociar non só coa burguesía, senón cos monxes de Antealtares.

A Catedral (Praza da Quintana de Mortos)

 

 





👉 EQUIPO VERMELLO

 PERCORRIDO DO CEIP APÓSTOLO SANTIAGO DE 4º DE PRIMARIA

 O alumnado de 4º Fixo unha saída, pasaron por Bonaval, zona Vella ata o teatro principal, onde viron unha obra (Rubicundo), marcharon do teatro ata a catedral de Santiago, merendaron na praza da Quintana e despois xogaron. Foron ata o parque de Belvís. Por ultimo marcharon ao colexio e, este foi o percorrido de 4º de primaria.



👉EQUIPO AMARELO

 ENTRADA  Á  PORTA  SANTA                                     

 O alumnado dos cursos 3B, 3A e 4 de primaria foron á Porta Santa o 9 de febreiro do ano 2022.   

A Porta Santa, tamén chamada Porta do Perdón, situada na parte de atrás da catedral de Santiago na praza da Quintana. O aniversario do ano 2021 alargou a súa clausura pola Covid-19, e está aberta todo o ano. Os nenos e nenas do colexio Apóstolo Santiago entraron pola Porta Santa e acabaron dentro da catedral de Santiago de Compostela, onde está a tumba do Apóstolo. 

A Porta Santa no ano 2022


 

👉 EQUIPO VERDE

A catedral de Santiago con 4º de primaria

O alumnado de 4º na catedral de Santiago.

O alumnado de 4º despois de ver o teatro ``Rubicundo´´ foron á Catedral de Santiago onde atoparon dentro moitas cousas como o bota fumeiro, persoas rezando, a tumba do Apóstolo Santiago... a catedral é grande e de pedra, hai moitas persoas, ten moita seguridade e tamén había moitas cousas de ouro no que os alumnados  se divertiron moito.

Despois saíron da catedral moi contentos.

Sabías que ... o botafumeiro palabra botafumeiro é de orixe galega e refírese a gran incensario da Catedral de Santiago de Compostela. Un incensario é un braseiro con candeas que se utiliza para distribuír o aroma de distintas substancias por un espazo concreto.


O botafumeiro na Catedral






 👉 EQUIPO AZUL

Falamos sobre a praza de abastos

 Na praza de abastos hai moita variedade de produtos.

 A praza de abastos chámase así porque a palabra abastos vén de abastecer e significa: levar alimentos a algún lugar. A praza de abastos está no centro de Santiago de Compostela.

 A praza ten varias naves con moitos produtos. As naves son pequenas e alongadas de pedra.

Os comercios están distribuídos desta maneira: froitaría, carnicería e peixaría.

 Os comercios lévanos: señoras maiores (a maioría das veces).

 Os peixes  veñen da lonxa, e moitas das froitas veñen da casa das señoras que venden alí.

 A praza abre de 8:00 a 15:00h, menos os luns ,que non hai peixe, entón non abren moitos comercios.

 

 



👉 EQUIPO LARANXA

 O RUBICUNDO GÚSTALLE A TODO O MUNDO

 As clases de cuarto e terceiro foron ver a obra de teatro: O rubicundo.

 A mañá do martes 8 as clases de cuarto e de terceiro foron ao Teatro Principal a ver unha obra de teatro chamada Rubicundo unha obra para toda a familia. Esta obra trata de Erea e Darío que querían saber en que traballaba Rubicundo. Darío é camareiro, encántalle viaxar e é bastante teatreiro.

Erea é a veciña de Darío, toma o chocolate con churros todos os días no Café de Darío.

Xuntos intentaron ser os amigos de Rubicundo para saber en que traballaba. Para iso Erea e Darío vixían todas as noites. Ao final Rubicundo dilles que traballa sendo cosedor de ventos.

Ao final Erea conseguiu ser a nova cosedora de ventos, Darío viaxou por todo o mundo e Rubicundo quedou co café.





 

Ningún comentario:

Publicar un comentario