venres, 26 de novembro de 2021

25 N. En contra da violencia de xénero

 Un ano mais, a comunidade do CEIP Apóstolo Santiago quere berrar que está en contra da violencia de xénero!

🎨 Fai 3 semanas, comezamos preparando unha pancarta que deseñamos e pintamos entre todas as aulas do centro:



🏃🎏 Unha vez rematada, saímos de paseo por Compostela, para que todo o noso vecindario, soubera cal é a nosa postura e as nosas intencións. Aproveitando o proxecto Compostela no que está inmerso o centro, fixemos o noso particular camiño de Santiago dende o cole ata a catedral.










👀 Agora témos esta pancarta mais as fotos expostas no vestíbulo do centro.


❤💜Por último, o mesmo 25 de novembro, coma todos os anos, o centro quixo sumarse ao acto de repulsa á violencia de xénero, incluído dentro do programa "Compostela en negro" promovido polo concello:








💜🐥 Por outra banda, os Pitiños da aula de 5º de infantil, ademais de participar en todas estas actividades, tamén quixeron deixar pegada contra a violencia de xénero!



📚📙 Ademais de todo esto, na Biblioteca, coma xa é constume, no estante de conmemoración, tivemos colocada unha selección de libros para ler e traballar nas aulas, que tivemos que ir repoñendo varias veces pola gran acollida e préstamo que tiveron.





Ningún comentario:

Publicar un comentario