📙📗📚 Na biblioteca, Lingoreta tivo no espazo de conmemoracións, unha selección de rendacións lectoras durante todo este mes de outubro, que moitas de vos estades visitando a diario.
🌽🌾 Estes días, aprendemos que o Samaín, na súa orixe celta, servía como festexo do fin da tempada da colleita , polo que algún alumnado, estivo collendo millo e debullando, para poder achegarse mais a esta conmemoración, e entendela dende as súas raices.
🎨 Tras irse enchendo cada día con mais cousiñas os espazos artísticos coa temática de Samaín, así quedaron ao rematar o mes!
📐✂ Aínda que ademais de nestes espazos, foron moitas as representacións artísticas que se fixeron polas diferentes aulas
**Se premedes na imaxe "Samaín artístico" podedes ver as diferentes fotos que se foron sacando.
Nesta mesma liña, o alumnado de 5ºA comparte con nós un tutorial para animarvos a facer unhas arañas brincadoras!
🎃🎨 E na aula de 4º de infantil, xa comezaron a semana, poñéndose "mans á pintura", para ir preparando as súas cabazas!(Se premedes na imaxe de "Samaín en 4º EI" poderedes ver tdas as fotos das pinturas das cabazas)
🎃🎃 Tamén se foi enchendo o vestíbulo decabazas e calacús dende o mércores ata hoxe, que prendimos todas as candeas para alumealas.
Ademais
das que viñeros das casas, nalgunhas aulas tamén se fixo obradoiro de
valeirado e decorado para facer algunha en grupo. E incluso en infantil
houbo quen traballou coa plantación das mesmas!
**Premendo na imaxe de "Fotos calacús" podedes acceder ao albume de fotos de todos os Calacús.
🎥🎦 Tamén volvemos tercine!! Desfrutando dunhas curtas de "medo", acompañadas dos Bolechas, Mama Cabra, Corre Cabaciña, a Bruxa regañadentes, a Familia Monster...
🎃⌛💻 En 4º, fixeron un xogo por equipos, onde Pablo fixo de gran presentador (como os da tele!) e lector de preguntas, mentras o resto de grupos, por equipos, buscaban as respostas as diferentes cuestións sobre o Samaín que ían saíndo! Que importante é o bo traballo en equipo!
📚🎬 Nas diferentes aulas, se traballou dando a coñecer, mais a fondo, algúns contos relacionados dalgunha maneira co Samaín. Algúns grupos ilustrárono, outros contárono, fixeron teatros...
🔍🔍 Entrando de cheo xa no proxecto Compostela, falamos do monte Viso, e con él, das esculturas que están na súa senda mitolóxica, que nos valeu para achegarnos a esas personaxes da mitoloxía galega, nesta data de Samaín.
Ningún comentario:
Publicar un comentario