mércores, 28 de novembro de 2018

MES DA CIENCIA - SIMETRÍAS


·    Durante o mes de novembro, traballouse a cultura científica e a cultura galega. O corredor da biblioteca estivo  decorado con carteis divulgativos de mulleres científicas.


Todos os cursos colaboraron coa actividade "A simetria no patrimonio", e elaboraron diversas representacións de simetrías que poden aparecer no noso patrimonio cultural: castros, pedras fermosas…






domingo, 25 de novembro de 2018

DÍA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste 25 de novembro a comunidade educativa e o alumnado do colexio quixo facer algo especial para recordar a todas as vítimas desta lacra que nos afecta a tod@s. Para iso, decoramos o cole con lemas que rechazan este tipo de violencia e tod@s viñemos ao cole vestidos de negro. Tamén sacamos unha foto tod@s xunt@s na que nos tapamos as caras cas bandeiras e cartaces propios deste día.



Ademais, desde a aula de inglés tamén traballamos esta temática co alumnado de 6º de Primaria, máis concretamente na materia de Plástica, onde ademais de mans que teñen diferentes frases fixemos un mural co seguinte lema:

Nos estamos en contra da violencia de xénero




En todos os corredores do cole quedaron marcadas as nosas pegadas a conta dun día coma este.

 


CONTA - COMIGO


As familias de 6º de EI seguen a traballar con nós...

Desta volta foi Vera Bazarra quen nos trouxa a dúas convidadas, a súa Abu, Gela e á súa madriña e tía Marta, pasamos un bo rato compartindo experiencias con elas.   

GRAZAS ÁS TRES POR ACOMPAÑARNOS.


mércores, 14 de novembro de 2018

MÚSICA TRADICIONAL

O alumando de 5º e 6º saíu de camiñata ata a ludoteca María Miramontes, para ver unha representación explicativa de Carlos Carpintero sobre como foi evolucionando a música tradicional e os seus instrumentos. 

Seguindo co traballo do patrimonio cultural, vivimos unha xornada moi emocionante e interesante, aprendendo e "flipando" coa orixe de moitos dos instrumentos musicais tradicionais e a súa evolución ata os que hoxe coñecemos, amenizada coa representación musical con varios deles. 




venres, 2 de novembro de 2018

SAMAÍN


Para conmemorar esta tradición celta tan arraigada en Galicia, comezamos o longo da semana por facer uns obradoiro de vaciado e decoración de cabazas, no que as familias nos axudaron un montón e quedaron cabazas moi chulas decorando o cole. 

Ademais de preparar unha boa exposición de libros de medo para que o alumnado puider potarlle unha ollada e traballar con eles, algunhas aulas quixeron chegar máis alá e levaron a cabo a redación de pócemas literarias que quedaron expostas polos corredores do centro.  

Ademáis desto, chegado o venres, o cole vestiuse de gala moi apropiadamente para a data, e en todos os recunchos podías atopar un selo que domstraba que festexabamos o Samaín.










MAGOSTO

Incidindo directamente no proxecto de patrimonio de Compostela, non podía quedar atrás tal tradición coma o Magosto! Tivemos unha xornada moi animada, onde non faltaron os xogos tradicionais, as gaitas e as pandeiretas xunto cos bailes, unha boa paparota e por suposto castañas asadas!