venres, 28 de febreiro de 2020

DÍA DE ROSALÍA E LINGUAS MATERNAS

Un ano mais, chega o día de Rosalía de Castro, data que nunca queremos deixar pasar sen facer unha pequena parada nela.

Este ano, aproveitando o proxecto que estamos a levar a cabo, quixemos relacionala co día das Linguas Maternas tamén, traballando na tradución dalgúns versos dos seus poemas.

Tivemos a grandísima sorte de contar coa espectacular colaboración de Guadi Galego e Abe Rábade, que pasaron un ratiño da xornada do venres 28 con nós, musicalizando e cantando algunhas cancións do disco de Immersión de Guadi, o cal está cantando en diferentes linguas que temos presentes na nosa comunidade, así como aproveitaron a data para interpretar algúns versos de Rosalía, como é o caso do poema que xa tocaran xuntos anos atrás "Ladraban contra min, que camiñaba". 

Como non podía ser doutro modo, tamén nos agasallaron cos interpretación do que xa é un himno para o noso centro, "Matriarcas".

Ter a sorte de contar con dous artistas do voso nivel no noso centro, é un grandísimo agasallo, moitísimas grazas por crear ese ambiente tan especial no salón de actos!

 


 





Nestas semanas, o alumnado do centro, foi decorando os corredores, con un monton de traballos de investigacion sobre estes dous artistas que nos acompañaron na conmemoración destas datas, así como exposicións de Rosalía de Castro de diferentes tipos. 



 
 

 
  
 

O xoves, tivemos a visita de Rosalía Superheroína no recreo, que veu pasar un ratiño con nós.


Lingoreta coma sempre, nos fixo unha selección de libros relacionados, para que puideramos consultar e ter acceso a eles.


Ademáis de todos estes traballos, o alumando participou voluntariamente nun concurso de fotografía sobre versos de Rosalía de Castro, con verdadeiras marabillas como as que están expostas no hall. (noutra entrada do blog, podedes ver mellor estas fotografías).






CONCURSO FOTOGRÁFICO: ROSALÍA DE CASTRO

XA se rematou o plazo de presentación das fotografías para o concurso de Rosalía de Castro, e todas están expostas no hall do cole.
Noraboa ás participantes porque foron presetados traballos boísimos!!
Nos próximos días, mostraremos as gañadoras/es.


NA CATEGORÍA DE EDUCACIÓN INFANTIL
 
 



NA CATEGORÍA DE 1º,2º E 3º DE PRIMARIA

 
 



 NA CATEGORÍA DE 4º E 5º DE PRIMARIA


 
 
  


NA CATEGORÍA DE 6º DE PRIMARIA 

 
 

venres, 21 de febreiro de 2020

ENTROIDO

Durante á semana previa ao festexo do entroido, algúns cursos xa se foron preparando, con visitas a charlas noutros centros, con obradoiros, con desfiles...

O alumnado de 1º, visitou o CEE López Navalón, onde aprenderon moito cunha muller de Lobios, que lles estivo a falar dos "Follateiros" da súa terra, así como fixeron un obradoiro de barro, onde intentaron simular as máscaras dos mesmos personaxes.


Por outra parte, o alumando de 5º de primaria, visitou a mostra e desfile de entroido no CEIP Lamas de Abade, mostrando os seus traxes de Xeneralas e Xenerais do Ulla, e amosando as súas dotes regueifando.

Xa nesta semana, Dona Almáciga, foi facendo que pouco a pouco, cos seus mandados, nos foramos metendo na troula do entroido...






E por fin chegou o día da festa! Ruada facéndonos notar coa percusión na man e a riquísima paparota que nos preparan sempre as familias do cole.

 

  

Aínda que dona Almáciga nos deixou unha mensaxiña ese último día de festa...



MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS A COMUNIDADE EDUCATIVA, POR AXUDAR A LEVAR A CABO OUTRO ÉXITO DE FESTA.

E QUE VIVA O ENTROIDO!!!!