venres, 26 de abril de 2024

BOLSAS DE TEA

 Outra das propostas de Noa (a mestra en prácticas de 6º de infantil), foi a elaboración de bolsas a partir de elementos da natureza (flores).

Materiais:

Teas de algodón

Morteiro/martelo

Vinagre limpeza

Flores silvestres

Proceso:

Lavar as teas con auga e vinagre (permite lavalas sen que perda o debuxo).

Deixalas secar.

Recollida de flores e estampación co martelo/morteiro.

Grazas Noa por ensinarnos esta técnica e polo precioso agasallo.






Obradoiro de la

 Onte voltamos a ter obradoiro da la. Continuamos a lavar, tender,  escarpizar e cardar a la. Como novidade deu tempo a introducir o fuso e tentar fiar cun fuso de aprendizaxe.







xoves, 25 de abril de 2024

Obradoiro de antotipia con cúrcuma.

Fai dúas semanas Noa iniciou o obradoiro de antotipia na aula. Introduciu aos nenos/as no concepto da "antotipia", presentou libros de botánica facendo atención no nome científico das plantas e organizou o grupo en 4 equipos para a busca de follas e plantas no patio.

Tras a recollida, prensáronse e agardouse unha semana para a súa selección.

Pintaron a cartolina acuarelable coa mestura de alcohol e cúrcuma, seleccionaron unha flor/folla, colocàndoa sobre a cartolina e introducíndoa no marco.

O tempo, a presión e a luz foron os elementos claves para finalizar a técnica fotográfica da antotipia.

Mañá remataremos o obradoiro identificando as plantas seleccionadas nos marcos das fotos.

Grazas Noa!





Na sesión de hoxe recibimos a colaboración de Annie, a nai de Artai, e as compañeiras de prácticas.
Buscamos nos libros informativos de botánica a nosa folla/planta/flor recollida no marco, anotamos o nome científico nunha folla e saímos ao patio para localizalas, tratando de averiguar o seu nome común.
Grazas a todas pola vosa colaboración!




mércores, 24 de abril de 2024

TES QUE LELO!

 Entre as actividades realizadas para celebrar o Día do Libro, o alumnado de 6º animouse a recomendarnos algunhas das lecturas que máis lles gustaron nos últimos meses, e decidiron contárvolas a través dun formato que, coma os libros, nunca pasa de moda: a radio. Así que gravaron varios podcasts nos que, en pequeno grupo, van facendo interesantes comentarios sobre eses libros. Esta sección, á que chamamos "TES QUE LELO", estrea o seu primeiro podcast coas recomendacións de Antón e Helena, que van respondendo ás preguntas de Nil e Eire. Subide o volume para descubrir de que falan!!!


Amadriñamentos lectores

 Outra xornada fantástica unidas pola lectura ao sol...Unha fantástica maneira de ocupar o día do libro na nosa escola!






VIDA NA BIBLIO

 Tempos de lecer...