luns, 3 de xuño de 2024

METEOGALICIA

O alumnado de 5º e 6º de Primaria visitamos o edificio de Meteogalicia en Santiago de Compostela, onde asistimos a unha sesión formativa sobre meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos, ademais de participar no lanzamento dunha radiosonda que, como nos informaron horas máis tarde, acabou caendo no norte da provincia de Pontevedra. Este foi o instrumento que máis chamou a nosa atención, que consiste nun dispositivo que se ata a un globo cheo de helio que vaias cendendo na atmosfera ata que, debido á presión, estoupa! Durante ese ascenso, vai enviando datos sobre a temperatura, a humidade, a presión atmosférica, a velocidade e dirección do vento, e incluso poden aportar datos sobre a capa de ozono. Todos estes parámetros axudan a facer a predición meteorolóxica, pero tamén a estudar, co paso do tempo, o clima dun lugar. 

Foi unha saída moi interesante. Convertirase algunha ou algún de nós en meteoróloga/meteorólogo no futuro?

Un saúdo do alumnado de 6º de Primaria.

 









Ningún comentario:

Publicar un comentario