xoves, 24 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Un ano máis chega o Nadal, unha época de ledicia, de festas, lecer... e desexos!

Sabemos que estaredes escribindo as cartas ao Apalpador, Reis Magos ou a Papá Noel, e  para que poidades incluir nelas algúns xogos e contos, Lingoreta pediulle axuda as Mulleralias para deixarvos unhas recomendacións que cremos que vos gustarán moito!

 




mércores, 23 de decembro de 2020

OBRADOIRO DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

O martes 15 e o mércores 16 de decembro , o alumnado de 5º e 6º de EP tiveron unha charla sobre diversidade afectivo sexual e de xénero. Para ella  contamos con Cristina, presidenta de ARELAS  ( asociación de menores de familias trans ) , que nos proporcionou información moi interesante e que aos nenos e nenas lles gustou moito, e  que según as súas  propias palabras "lles foi de moita utilidade".





 

luns, 21 de decembro de 2020

PROXECTO COMPOSTELA

Seguimos traballando co PROXECTO COMPOSTELA dende o centro, argallando e remexendo para coñecer mais a fondo esta cidade na que vivimos. 
 
Cada curso, escolleu unha temática para especializarse nela e coa intención de ir compartindo as súas aprendizaxes, deixamos este traballo de aquí abaixo, que seguirá crecendo ata final de curso con novas achegas.

 

Hecho con Padlet

HÁBITOS SAUDABLES

 Este trimestre, o alumnado de 2º ciclo-B quixo reflexionar sobre os hábitos saudables das adultas e dos adultos, e tras analizarnos ben a fondo durante un tempo....  

Aqui nos deixan uns conselliños!

 

xoves, 17 de decembro de 2020

OBRADOIRO DE RADIO

 As rapazas e rapaces de 3º e 4º convertéronse en xornalistas por unhas horas e experimentaron cos sons e a voz, ao mesmo tempo que se divertiron entrevistando ás súas compañeiras e compañeiros e... ata gravaron un conto!!! Iso si, teremos que esperar uns días para poder escoitalo, pero o subiremos nesta mesma ligazón en canto o teñamos!












xoves, 10 de decembro de 2020

CONTA ATRÁS PARA O NADAL

 Xa está aí...xa casi podemos velo... xa cheira a Nadal!!! 

 

Facemos xunt@s unha conta atrás con este calendario de aquí abaixo? 

Este que vedes, é o calendario do mes de decembro, os días que están de cor negra, teñen todos unha información, vídeo, actividade... para ir coñecendo ou sabendo mais sobre estas datas. Non tedes mais que premer enriba do día que corresponda e xa podedes ver o que nos aparece!




Xa comezamos a ter fotos dalgúns dos traballos que se van facendo estes días...

 












 












 
Moitísimas garzas ao alumanod de 3º ciclo, por esforzarse tanto en facer desta última xornada unha festa para todas!