domingo, 22 de decembro de 2019

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Un ano máis chega o Nadal, unha época de ledicia, de festas, lecer... e desexos!

Sabemos que estaredes escribindo as cartas ao Apalpador, Reis Magos ou a Papá Noel, e para que poidades incluir nelas algúns xogos e contos, Lingoreta quere deixarvos unhas recomendacións que cremos que vos gustarán moito!

Moitas grazas á comisión de xénero e igualdade da Anpa do Ceip apóstolo Santiago.



venres, 20 de decembro de 2019

I FIAS

Mañán damos por rematado o primeiro trimestre de curso co I FIAS ao que estades todas e todos invitada.
 A continuación queda o programa do festival. (en breves, poremos aquí os enlaces de cada unha das pezas, por se queredes voolver a escoitar algunha delas).

1. PRESENTACIÓN 
2. CUBA: (2º EP)
3. MUIÑEIRA CORRIDA (4º EI)
4. CAGA TIÓ (5º EP + 5º EI)
5. MAMÁ O APALPADOR (3º EP). 
6. PANDERETEIRAS
7. O RELOXO SINCOPADO. L. Anderson (6º E.I.)
8. DANZA DAS FITAS (2º EP)
9. SAMBA Ô LELÉ (4º EP)
10. DESPEDIDA DE ANO VELLO (6º EP)
11. VASCA Gori Txiki bat
12. DANZA DE PAUS
13. DESPEDIDA




domingo, 15 de decembro de 2019

MALETA DE XOGOS DE CHAFARÍS

Un ano mais, a tenda de xoguetes Chafarís, nos prestou no mes de decembro a maleta viaxeira de xogos, que teñen en préstamo para solicitar os centros.

Unha vez mais, ao alumnado, sóubolles a pouco, xa que todo o temop que podían subían a construir e imaxinar.

 

 
 
 
  







CONTACONTOS

O pasado venres tivemos unha sesión de contacontos sobre a historia de Rapunzel con piollos. Foi unha sesión moi divertida na que Iago López nos fixo rir e participar a todas as que estabamos na sala con esta entretida historia.



sábado, 14 de decembro de 2019

CINE DE DECEMBRO

a vindeira semana repetimos sesión de cine no tempo de lecer. A todas as que lles apeteza, desta vez como novidade, veremos unha película en 4 partes.
Alí vos esperamos!


xoves, 5 de decembro de 2019

AMADRIÑAMENTOS LECTORES

Vélvense a por en marcha os amadriñamentos lectores que tan bo resultado deu o ano pasado. Neste caso, o alumnado de 5º, preparou algúns contos para lle contar as súas compañeiras de 5º de educación infantil, que estaban moi emocionadas esperándolles na biblio. E que lle compartiron este entusiasmo ás maiores, que ao rematar se preocuparon de interesarse polos seus gustos, pensando xa na seguinte sesión.
É unha sorte contar neste proxecto con alumnado tan implicado!




ÁBRESE A BIBLIO NOS RECREOS

Por fin, despois de moito traballo por parte do equipo de biblioteca e mais do super equipo de voluntari@s, hoxe por fín podemos abrir a biblio nos recreos!
Xa foron varias as que quixeron pasar o seu tempo de lecer visitando a Lingoreta, lendo e aproveitando as maletas viaxeiras ou xogando e compartindo risas.


luns, 2 de decembro de 2019

PRESENTÁMOSVOS A

Seguimos rodando.... despois de conseguir ter deseñada unha mascota para que nos acompañe nas andanzas da biblioteca, xa hai nome para a nosa vagalume!

Presentámosvos á vagalume LINGORETA!

Atentas que andará moitas veces revoloteando polo cole...