luns, 30 de marzo de 2020

2 ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Moi boas a tod@s!!!
Estamos a piques de chegar a un día conmemorativo que me encanta, e co que nos podemos axudar entre tod@s a levar un pouquiño mellor estes días na casa.

Propóñovos, que fagades un audioconto. Tanto é válido que sexa de creación propia vosa, e polo tanto lle fagades debuxos para poder contalo, como tamén vale que escollades algún que teñades na casa e nolo contedes. Deste xeito estaredes entretidos facéndoo, e ademáis tamén, vendo o dos vosos compañeiros do cole!!!

Todos os videos que me pasedes a biblio.vagalume@gmail.com (ou ao contacto das vosas titoras), subirémolos a esta mesma ligazón, para que poidades desfrutar de todos!


----------------- O MISTERIO DOS CANCIÑOS DESAPARECIDOS: Helena (2º de primaria)





---------------------- CONTO COLECTIVO DA AULA DE 4º de infantil



---------------- AS NENAS VIAXEIRAS: Carlota Couto e Celia Miguez (3º de primaria)




---------------- JAIMITO EL MIEDICA: Xian (3º de primaria)





---------------- IT: Celtia (3º de primaria)




-------------------------AROA, DANIELA E MAIS O SEU CAN: Daniela (3º de primaria)




-------------------------------- LAS AVENTURAS DE BANANA: Mateo Vecilla (3º de primaria)

 



-------------------------------- A ÁRBORE: Roque (3º de primaria)

 



-------------- O QUE LLE PASOU A UNHA NENA EN REALIDADE: Xulia (3º de primaria)

 

venres, 27 de marzo de 2020

27M: DÍA DO TEATRO_ Dende a casa

Moi boas a todxs! Comos abedes Lingoreta sigue en marcha!

Hoxe, 27 de marzo, é o día do teatro, así que propoñemosvos unha actividade para este día.... Un teatro de sombras!

Aquí vos deixo unha ligazón para que vexades de que se trata

Non fai falla que o elaboredes tanto coma no vídeo, cunha sabana e unha lanterna xa é suficiente para facer as sombras.

Neste caso, plantexámosvos que fagades minihistorias, na que un dos personaxes principais sexa Lingoreta, e que saia en escena cos personaxes que vos queirades, atrevédesvos a enviarnos algunha creación?  biblio.vagalume@edu.xunta.es


-----------.------------.--------------.---------------.---------------

O alumando de sexto, animouse a facer un pequeno teatro dende a súa casa, con diferentes historias que lle van ocorrendo a Lingoreta!

#euquedonacasa 27M- DÍA DO TEATRO

Pois xa que nin podemos achegarnos a un teatro porque están todos pechados, nin podemos levar o teatro ás aulas... aquí vos deixamos aulgunhas ligazóns para que poidades disfutar deste día:

FATAL, FALTA, TAFALL

TRICICLE. Na sala de espera

GALIX. Día mundial do teatro

A GALIÑA AZUL

O NENO DE AREA 

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

RUBICUNDO DE TEATRO GHAZAFELHOS

xoves, 26 de marzo de 2020

#euquedonacasa LECTURAS

Lingoreta atopou unha páxina moi interesante que quere compartir con vós!

Resulta que debido á situación que estamos pasando, algunhas bibliotecas virtuais, abriron algúns dos seus contidos, para entreter o noso tempo... Aquí vos deixamos entón, algunhas ligazóns, de lugares onde podedes ter acceso a libros e lecturas. 
Botade unha ollada que de seguro tedes moitas que vos interesen! 

Non esquezades comentar, para que a xente se anime, e poidamos estar en contacto!

Apertiñas para todas e todos.

  • Biblioteca Virtual Galega. 

  • Biblioteca digital internacional para niños.
          • libros en portugués: click
          • libros destacados: click
          • libros agregados recentemente: clik  
          • de 3 a 5 anos: click
          • de 6 a 9 anos: click
          • de 10 a 13 anos: click




#euquedonacasa CONTACONTOS

Hoxe Lingoreta, estívose adicando a buscar contacontos, que vos puideran interesar, intentando ademais así, que vos animedes vós tamén a enviarnos algún dos vosos contos favoritos, contados,  para que os demáis lectores, podan disfrutar dun ratiño de lecer!

Recordade que podedes enviar as vosas creación a biblio.vagalume@gmail.com
















Fontes: Biblio BN, BIBLIOANXO, Biblioteca da abelaiona Luíña

DÍA DA POESÍA, dende a casa

Polo día da poesía, foron varios os que nos enviaron os seus poemas dende a casa, a continuación deixamos unha recopilación para que os disfrutedes:

- Eire, de 2º de primaria, enviounos estes dous audios con poemas que fixo coa súa familia.




- O alumnado de sexto, aproveitou este tempo na casa para facer un pequeno poema, aproveitando o día da poesía. Pedíuselle que cada un/unha fixera unha estrofa de catro versos sobre a súa situación actual, e que gravara un video recitando eses versos. Como condición, todos os poemas deberían conter a palabra "encerrar" ou sinónimos da mesma.
Aquí queda a mostra, do bo traballo que fixeron!


sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA

Bo día amiguiñ@s!
Aínda que estedes na casa, eu sigo aquí na biblio esperando que volvades andar por aquí visitándome. Facemos esta espera un pouco mais entretida?

Hoxe é o día da poesía, propóñovos un xogo para facer algúns poemas de maneira moi sinxela: Collede os títulos dalgúns libros que teñades pola casa, e unídeos de xeito que fagades un pequeno poema. Non vos preocupedes, non ten porque ter rima, eso xa sería complicado de conseguir, os "haikus"  son composicións poéticas de orixe xaponés con tres versos sen rima, simplemente ten que ter algún sentido, e sonoridade.



Enviádeos nos comentarios, e logo facemos unha entrada coa recopilacións de todos os poemas feitos.

Veña, animádevos!

Unha apertiña!  Lingoreta.

mércores, 18 de marzo de 2020

#euquedonacasa

Bo día a tod@s! Estes días, seguro que se vos están facendo un pouquiño longos na casa... polo que estivemos recopilando algunhas páxinas que vos poden resultar interesantes e entretidas para ocupar cachiños destes días tan longos! (Seguiremos subindo, sempre que atopemos añgunha nova que poida ser interesante)

- Non vos esquezades tamén, de que podedes ir buscando e preparando vídeos sobre RICARDO CARVALHO CALERO, como xa explicamos na outra entrada.

- É un momento xenial, para seguir enviando RECOMENDACIÓNS LECTORAS!









 

luns, 16 de marzo de 2020

RICARDO CARVALHO CALERO

Ola amig@s:
Este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Ricardo Carvalho Calero. 
A verdade é que eu non sei moito sobre este autor e agradecería moitísimo que fixerades curtas/videos, de aproximadamente tres minutos, explicándome algo sobre el. Podedes utilizar as técnicas que máis vos gusten. 
Enviádemas ao correo biblio.vagalume@gmail.com ou podedes entregalo nun USB no recreo da biblio, até o día 2 de maio.
Un saúdo                           Lingoreta

GAÑADOR@S DO CONCURSO FOTOGRÁFICO DE ROSALÍA DE CASTRO

Despois de recibir todas as fotos participantes, o xurado estivo votando e debatindo quenes serían @s gañador@s de cada unha das categorías, e aquí temas as fotografías gañadoras.

Moitas grazas por aprticipar a todas, xa vedes que ten a súa recompensa!

EDUCACIÓN INFANTIL: AINA ARCEO



1º/2º/3º DE PRIMARIA: MARTÍN VINAGRE 


4º/5º DE PRIMARIA: BRUNA ARCEO



6º DE PRIMARIA: LEO  POMBO



 Foto de tod@s @s participantes

sábado, 14 de marzo de 2020

8M

Nas diferentes aulas se estivo a investigar e coñecer a diferentes mulleres interesantes, importantes, loitadoras, da nosa vida, tanto actuais como xa históricas, e se foron colocando imaxes delas cunhas verbas polos corredores do centro, contándonos quenes son, para que todas poidamos coñecelas.

 
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 

 


xoves, 12 de marzo de 2020

DANZAS DO MUNDO

Seguindo co proxecto lanzado para este curso, dende educación física, se estiveron a traballar algunhas danzas que se bailaban anos atrás, nalgúns dos paises presentes na nosa comunidade educativa.

DINAMARCA

 

RUMANÍA

 

AUSTRIA
 

FRANCIA


PORTUGAL 

 

REINO UNIDO