xoves, 30 de xaneiro de 2020

RECOMENDACIÓNS: BONE E FANTASMAS

Celtia de 3º de primaria, que se ve que é unha experta en libros, nos deixa dúas recomendacións lectoras que valen por moitas mais, xa que nos fala da saga de BONE e da colección de Raina Telgemeier (dos cales hai varios na biblio), ela concretamente, preséntanos o de FANTASMAS.
Coñecedes estes libros? Gústanvos tanto como a ela?
Moitas grazas Celtia!


martes, 28 de xaneiro de 2020

RECOMENDACIÓNS: NO BOSQUE



O alumnado de 5º de Educación Infantil quere compartir con Lingoreta as ilustracións realizadas despois da lectura No Bosque de Anthony Browne (Kalandraka).
Fixeron un grande traballo, non vos parece?

Grazas  nenas e nenos de catro anos!!!!

luns, 27 de xaneiro de 2020

RECOMENDACIÓNS: O NENO PEIXE + OS TRES PORQUIÑOS

Telmo máis Duarte, tamén quixeron colaborar con Lingoreta para xudarlle a buscar libros que ler.
As súas recomendación foron "O neno peixe" e "Os tres porquiños". Pero mirade o vídeo, porque ademáis destes contos, tamén nos falan dalgúns outros que coñecen e lles gustaron!
Graciñas Telmo! Graciñas Duarte!

 

domingo, 26 de xaneiro de 2020

RECOMENDACIÓNS: MONSTRO ROSA

O alumnado de 5º de infantil, estivo a traballar cun libro que descubriron na biblio a semana pasada e que lles encantou. Queren presentarvos ao seu protagonista!

Monstro Rosa


venres, 24 de xaneiro de 2020

RECOMENDACIÓNS: MAFALDA E ASÍ É SANTIAGO

Xulia de terceiro de primaria, estivo a decidir que libros lle podían interesar a Lingoreta para recomendarlle, e fixoo con dous moi orixinais, "Mafalda, en esta casa no hay jefes" e o de "Así é Santiago".
Eu creo qu epola explicación que da, poden ser moi interesantes, vos que pensades?
Graciñas Xulia!

 

XOGOS NO PATIO

Por primeira vez neste curso, se pode desenvolver a iniciativa dos patios dinámicos no recreo do cole. Entre varios xogos de grupo, tradicionais e contacontos, a comunidade educativa pasou un tempo de lecer do mais entretido, acompañado dun día de sol fantástico.
Nótase que todas o esperábamos con ganas, porque foi todo un éxito!


 

  



xoves, 23 de xaneiro de 2020

RECOMENDACIÓNS: MARCO POLA

Gabi Alves, de 1º, nos quere recomendar unha serie de libros de aventura, os de Marco Pola, tamén anda algún polo recuncho de cómic na biblio.
Coincidides con él? Están chulos?
Moitas grazas Gabi!

 

RECOMENDACIÓNS: OS ESCARAVELLOS VOAS Á TARDIÑA + MOMO

Estrela, alumna de 5º de primaria, tamén nos conta dúas recomendacións lectoras, e polo que conta teñen moi boa pinta!
Que vos parece? Serán interesantes?
Graciñas Estrela!


 

RECOMENDACIÓNS: O CLUBE DAS CANGUROS

Irene Azul de 5º de primaria, tamén respondeu á chamada de Lingoreta, enviando a súa recomendación lectora.
Coñecedes estes libros? Coincidides con ela? Se non sabedes onde atopalos na biblio, pedídelle axuda que se ve que ela os ten controlados!
Moitas grazas Azul!


mércores, 22 de xaneiro de 2020

RECOMENDACIÓN: SUPER PATACA

Marco Maghnie de 1°de primaria nos fai unha recomendación lectora de cómic. Concretamente da serie de Super Pataca, virade o vídeo para saber porque o recomenda! Grazas Marco!!!

CUBA

Para contribuír ao proxecto "Viveiro de Cidadanía, @s de 2º estamos facendo unha parada técnica en cada un dos países, cidades ou vilas dos que vimos ou cos que directamente temos algún vínculo!

O primeiro foi Cuba

Aprendimos que é unha República, algo da súa cultura (cantamos unha habaneira de María Teresa Vera), coñecemos dúas lendas (Madre de agua e El Güige) aprendendo as diferenzas entre lendas e contos. Falamos da emigración (coa foto do avó de Lorenzo)! Tamén veu o noso Amigo Gerardo de 6º a contarnos cousas sobre o país! Falamos algo do seu clima e fixemos un mural con todo o aprendido!


martes, 21 de xaneiro de 2020

RECOMENDACIÓN: VIAXEIROS DE PETO

Iria Bea de 5ª de educación infantil quere recomendarnos este libro de Flor Dios e Isa Penabal.
Neste caso envíannos unhas fotos do libro e nos resumen que trata dun paxariño que se chama Pichu Pichu, que como quere viaxar métese nos petos das persoas e principalmente dos nenos.
Gústalles moito este libro porque é doado de ler e ten unhas imaxes moi bonitas.
Moitas grazas Iria! 
 



 

VISITA Xosé Antonio Perozo

O xornalista e escritor, Xosé Antonio Perozo, tivo a xentileza de vir darnos unha charla á biblioteca.
Os nenos e nenas, prepararon un cuestionario, ao que amablemente foi respondendo. O alunmado estivo moi interesado nas súas respostas, xa que a algún e algunha gústalle escribir e por suposto ler, e Perozo non se rendíu en consellos varios que apuntaron con moito interese.
Tamén nos trouxo de agasallo dous dos seus libros que nos veñen moi ben, e que agradecemos moito.





RECOMENDACIÓN: PARRULIÑO FEO

Seguindo a petición de Lingoreta, e moi veloz, Vera, alumna de 5º de educación infantil, foi a primeira en enviarlle a recomendación dun dos seus contos favoritos.
Moitas Grazas Vera!!

 

xoves, 16 de xaneiro de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS


Ola familias!

Son Lingoreta, a mascota da biblioteca.

Aquí onde eu vivo, hai moitos libros e non sei cales elixir... Gustaríame que me axudarades, recomendándome os vosos favoritos.  Se vos apetece colaborar comigo, podedes gravar un breve vídeo no que me contedes cal é o voso libro favorito e por que vos gustaría que eu o lera. 

Enviádeme as vosas propostas a biblio.vagalume@gmail.com,e pouco a pouco colgarémolas todas no noso blogue https://biblioteca-vagalume.blogspot.com/..
Moitas grazas e até a próxima!

LINGORETA!

venres, 10 de xaneiro de 2020

OS MUNDOS DO TEATRO

O alumnado de 2º anda inmerso nunha obra de teatro! 
Coa colaboración das familias, están preparabdo unha obra que vai facer un percorrido polos diferentes países, vilas ou cidades do noso alumnado... e algunha que outra sorpresa que aínda non nos querer contar!

 



mércores, 8 de xaneiro de 2020

AMADRIÑAMENTOS LECTORES

Entre o alumnado de 1ºA e o de 4º está empezando a xurdir algo moi bonito!
Dende o primeiro dia que se xuntaron para leer contos en común, xa fixeron novas amizades as que buscan durante os tempos de lecer para falar e xogar, e non paran de preguntarse cando se volven xuntar para mergullarse nalgún conto.