mércores, 27 de novembro de 2019

25 N - CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Tras traballar nas aulas con diferentes actividades, algunhas mostras quedaron acompañando os corredores do centro, e non as quitaremos en todo o curso, para que non se nos esqueza en ningún momento.


 


 Como himno destas semanas, tivemos a canción de Matriarcas, de Guadi Galego acompañándonos en todo momento, coa que entre toda a comunidade educativa, fixemos un video moi emotivo que busca transmitir a importancia de traballar de maneira conxunta para conseguir que a sociedade siga camiñando cara adiante. Grazas de novo a todas (e todos) os que colaborástedes neste proxecto.




 No espazo de biblioteca, fomos durante todo o mes ofrencendo unha serie de libros para poder traballar sobre esta temática, que fomos cambiando para ofrecer algo de variedade, intentando ocupar os distintos tipos de violencia existentes no noso día a día. Do mesmo xeito, tamén tivemos unha semana de cine nos recreos, con diferentes curtas seleccionadas, desas que despois nos axudana  reflexionar.




Ademáis tivemos a sorte de que Artur Trillo nos visitara co espectáculo teatral da compañía Talía Teatro, "Rosa caramelo e outras historias", onde nos tivo moi atentas seguindo os contos de "Artur e Clementina", "Os bonobos con lentes" e "Rosa caramelo", onde ademais de facernos pensar e reflexionar sobre algunhas realidades, nos tivo moi entretenidas, e ainda nos sacou algún sorriso nalgúns momentos.





luns, 25 de novembro de 2019

MATRIARCAS - 25 N



En recoñecemento a todas as mulleres que desenvolven labores indispensables para a vida.

Moitas grazas por compartir o voso tempo con nós. A única maneira de erradicar a violencia machista é o compromiso das administracións e o traballo conxunto de familia e profesorado.

Agradecementos especiais a Guadi Galego pola súa música e a súa xenerosidade.


venres, 22 de novembro de 2019

CINE DE NOVEMBRO

Despois do éxito da primeira edición, volvemos ter unha semana de cine nos recreos, este mes, en relación á tematica contra a violencia, en todas as súas variantes, contando coa data do 25 de novembro.


A continuación deixamos a listaxe de todas as curtas e cancións, se queredes volver ver algunha, só tedes que facer click enriba.


LUNS: 
- Arturo y Clementina
- Butera
- Bruised
- Lucky you
- Canción: Matriarcas

MARTES:
- Sunshine
- Celos
- Un conté
- Nova
- Canción: Habelas Hainas

MÉRCORES:
- Au fil de l'age
- Breaking ground
- Soar
- On the same page
- Canción: Que non mo neguen

XOVES:
- Rosa caramelo
- The doll that choose to drive
- Game changer
- Canción: Non son fada nin princesa
VENRES:
- Dalle unha volta
- Spring
- Beast
- Canción: La puerta violeta

xoves, 21 de novembro de 2019

PARABÉNS LUCCA!

Despois de participar de xeito voluntario con relatos de medo nun concurso que promovemos dende a biblio, pero que organizaba a libraría "Os mundos de Carlota", déronnos esta fin de semana a marabillosa noticia de que o gañador entre todos os participantes de Compostela, foi o noso alumno Lucca!

Parabéns! Desfruta moito do teu agasallo! 

Para as curiosas, en breves teredes na biblioteca o libro encuadernado con todos os relatos de medo que escribístedes!

Grazas a todas/os por participar e crear!