xoves, 31 de outubro de 2019

SAMAÍN

Un ano mais, conmemoramos a data de Samaín xunto ca do Magosto.
Ainda que este ano estivemos traballando polas aulas unha semaniña sobre persoaxes de medo e de lendas galegas así como decorando o cole terroríficamente.



Así coma co "Cine de medo", onde o voluntariado da biblioVagalume traballou como verdadeiras profesionais acomodadoras para preparar estes recreos diferentes.
 
 

 O propio día da celebración, nos acompañaron as familias para un obradoiro de tallado de calacús que estiveron expostos polo cole, axudando a decorar tal día como este.

 


 
  


No espazo de biblio, coma sempre, mostráronse algunhas recomendacións literarias para a data


Ademais de todo o feito no centro, o alumnado voluntariamente participou nun concurso de relatos de medo, os cales aproveitaremos para crear un libro de "Relatos de medo", para ter a súa disposición na biblioteca.
 












mércores, 30 de outubro de 2019

MAGOSTO

Un ano mais, chegou a data das castañas e do magosto, esta vez moi acompañadas pola chuvia, polo que tivemos que reorganizar todo como puidemos a cuberto.
Unha xornada diferentes ás habituais día a día, xogos populares, castañas, paparota, música, foliada....
Grazas ás familias por colaborar con nós tan ben coma sempre!








martes, 22 de outubro de 2019

CINE OUTUBRO

Comezamos cunha iniciativa nova, e que intentaremos manter ao longo de todo o curso, e que consiste nunha semana de CINE nos recreos, no salón de actos, para todos os que lles apeteza pasar alí o seu tempo de lecer.

A biblioteca permanecerá pechada, pois as voluntarias, estarán no cine, axudando e organizando para que todo funcione correctamente, clicando as entradas que teredes que ir gardando para poder entrar cada día e para ilas coleccionando  ata final de curso...

Este mes de outubro, comezamos coa temática de Samaín, e polo tanto "Cine de medo".

Podedes ver todas as curtas proxectadas, facendo click no título de cada unha delas.


MÉRCORES

XOVES

VENRES
LUNS





MARTES


 

luns, 21 de outubro de 2019

DÍA MUNDIAL DA RCP

O 16 de outubro, se conmemora o día mundial da reanimación cardiopulmonar, e para continuar co traballado comezado dende a área de Educación Física o ano pasado, este curso dámoslle especial importancia a esta aprendizaxe vital coa axuda de Xan Moure, ampliando esta práctica ás familias, equipo docente e alumnado.


domingo, 13 de outubro de 2019

VOLUNTARI@S NA BIBLIO

Despois de moitas tardes de organización dos exemplares da biblioteca para ser o mais accesible posible para toda a comunidade educativa, xa temos ao voluntariado da biblioteca traballando a reo para aprender e ter todo organizadiño para poder abrir a biblio.vagalume nos recreos.


martes, 1 de outubro de 2019

A MASCOTA DA BIBLIO

Por fin temos mascota para a nosa biblio, despois do concurso de deseño, esta foi a que saíu elixida. Acostumádevos a vela revoloteando polo cole!