mércores, 19 de xuño de 2019

CONECTANDO CON CABO DE CRUZ

Para rematar o proxecto sobre o patrimonio de Compostela, puxémonos en contacto con outro centro que fixera un proxecto similar, e mediante a elaboración dun Kahoot con preguntas relacionadas, fixemos un xogo para comprobar os coñecementos que tiñamos sobre este tema. Ademais continuamos con unha videochamada co alumnado do outro centro apra coñecernos, iniciando así unha actividade a que lle contamos sacar moito mais partido o vindeiro curso.



xoves, 13 de xuño de 2019

MAIL ART

O IES Antón Fraguas organizou, con motivo do homenaxeado das letras desde ano, unha convocatoria de mail-art, onde invitaron a participar a todos os que quixeran enviar vía correo postal unha composición artística baixo a temática "Cuñtura tradicional", respondendo a ese legado que deixou Antón Fraguas despois de tantos anos de traballo. Aquí expoñemos algunhas das creacións do alumnado de 3º de primaria.















martes, 11 de xuño de 2019

COMPOSTEIROS

E seguimos traballando cos composteiros do cole, desta vez estivemos analizando e buscando bichiños, cribando e a usalo na nosa horta!





xoves, 6 de xuño de 2019

CONTACONTOS

Hoxe recibimos unha visita moi especial no cole, duns amiguiños, gardados nuns contos, que nos fixeron estar atentos todo o tempo, cantar, movernos, asubiar...


mércores, 5 de xuño de 2019

STOP MOTION - A illa de cores

O alumnado de 5º de Educación Primaria estivo traballando no obradoiro de stop motion ao longo deste derradeiro periodo do curso, coa asociación Agareso, nun obradoiro que forma parte das Educomunicativas do proxecto EdP, que se realiza xunto a Asamblea de Cooperación pola Paz.
Con gran esforzo por parte dos nenos e nenas, a titora Madó e o gran equipo de Agareso que dirixiu este proxecto foron quen de crear,  utilizando materiais como plastilina e pezas de Playmobil, un pequeno curto no que se conta unha historia que xira arredor da importancia de coidar o medio ambiente, e que como non podía ser doutro xeito, estrenaron o 5 de xuño.

 O resultado foi realmente impresionante!Noraboa a tod@s!

5 DE XUÑO: DÍA DO MEDIO AMBIENTE

No CEIP Apóstolo Santiago somos conscientes do perigo que corre o noso planeta de seguirmos cas mesmas costumes en lugar de adoptar prácticas máis saudables que axuden a coidar o noso entorno en lugar de perxudicalo. Po iso mesmo, tivemos a sorte de poder asistir a unha charla informativa sobre unha correcta reciclaxe de aceite, algo que todos deberiamos coñecer xa que é algo que usamos todos os días nas nosas casas. Ademais de aprender como se debe reciclar, regaláronnos a tod@s un aparello co que nos resultará mais doado reciclar, xa que se axusta á botella no que debemos gardar todo o aceite usado ata que o levemos ao punto limpo correspondente.


martes, 4 de xuño de 2019

XOGUETES CON REFUGALLO

Aproveitando no calendario a conmemoración do día do medio ambiente, dende educación física, traballaron a reutilización, xogando e fabricando xoguetes con material de refugallo!