mércores, 29 de maio de 2019

A MULLER NA CIENCIA

Recibimos unha visita da Facultade de Química na que nos explicaron e demostraron mediante experimentos, como a materia pode cambiar o seu estado e as súas caracteristicas, como a cor por exeplo. Os alumnos tamén tiveron a oportunidade de facer a súa propia pelota saltarina.



luns, 27 de maio de 2019

COÑECENDO A ANTÓN FRAGUAS

Antón Fraguas foi un estudioso do folclore e tradicións galegas, así que algún alumnado do centro se deu un pasíño ate o Museo do Pobo Galego, con intención de coñecer a esta figura das Nosas Letras, e ver unha mostra dos seus maiores puntos de interese como eran os antiguos oficios, o campo, a arquitectura, a vestimenta e a sociedade da época así como enseres persoais da súa infancia.







domingo, 26 de maio de 2019

AMADRIÑAMENTOS LECTORES


Lecturas compartidas coas nosas madriñas e padriños de lectura, coa primavera e a natureza que rodea a nosa escola.


mércores, 22 de maio de 2019

OFICIOS TRADICIONAIS, saída de 1º e 2º

O alumando de primeiro e segundo, tivo unha xornada moi completiña de mércores.
 Xa que aprendimos que Antón Fraguas traballou moito sobre a etnografía e os oficios, fomos a visitar a exposición de Feito coas mans, da Cidade da Cultura, onde estivemos aprendendo e coñecendo moitas cousas sobre os oficios de cestería, xoiería e cerámica.


 

Ademáis disto tamén nos explicaron como se traballaba o barro, e que beneficios tiñan as construccións feitas con este material, pero dunha maneira un tanto mais...dinámica e sucia!



E coma colofón, despois da merendola, aproveitamso a plantar no Bosque de Galicia, os castiñeiros que tiñamos xermolados na clase, teremos que irlles facer visitas a ver que tal medran!

venres, 17 de maio de 2019

URBAN STKETCHING

Despois dun curso enteiro traballando co patrimonio de Compostela, chegou o momento de analizar cada esquina cos nosos propios ollos. Con este obradoiro de Urban Sketching, tras varias sesións de aprendizaxe, tocou sair a rúa a debuxar cos nosos cadernos...

 



 

mércores, 15 de maio de 2019

POR QUE SE CHAMA ASÍ ESTE SITIO?

A escritora Luz Méndez, ven a acompañarnos nunha xornada moi interesante na que aprendimos moitas cousiñas sobre a toponimia da nosa zona.
Ademáis de presentarnos e falarnos do seu libro, "Por que se chama así este sitio?"
Con ela aprendimos cousas moi interesantes relacionadas co noso entorno, e ademais ensinounos a consultar nunha páxina web o número de persoas que hai en Galicia cos nosos mesmos apelidos, algo que lles encantou a todo o alumnado.


MUSEO DO POBO GALEGO - Saída Educación Infantil

Antón Fraguas Fraguas , a persoa homenaxeada este ano co Día das letras Galegas, foi unha
persoa moi importante dentro da nosa historia e cultura, entre moitas outras razóns pola súa labor
de investigación e conservación do noso patrimonio. Foi o fundador do Museo do Pobo Galego,
lugar que adoitamos visitar con ilusión e que forma parte do entorno da nosa escola.

Dende aquí aproveitamos para reivindicar que a RAG demostre o seu compromiso coa xustiza
social que supón que haxa tantas mulleres como homes protagonistas do Día Das Letras
Galegas.






domingo, 12 de maio de 2019

XOGOS TRADICIONAIS

Imos continuar indagando un pouco no noso patrimonio tradicional... Dende educación física, estiveron coñecendo algúns xogos tradicionais durante varias xornadas, ubicándonos no mapa e comaprando as súas varianzas segundo a zona... aprendendo mentres nos divertimos!

 


venres, 3 de maio de 2019

MAIOS








 "Pra facer os Maios temos que coller, un feixe de frores e algo que dicer..."

Acompañados desta copla e doutras preparadas dende a aula de música, tivemos unha semana moi chula
Tras varios días de recollida de fiuncho e xestas,  e facendo atadiños, o xoves chegou o día de vestir as estructuras dos Maios, coas súas faldas verdes. E tocou a decoración con cadenas de flores .


 Despois de todo o traballo de familias, profes, nenas e nenos, quedaron cousiñas tan vistosas coma estas:

 Chegado o día de sacar ao Maio de paseo , coa intención de pechar a tempada de inverno, saímos cantando pola contorna co cole, a ritmo de gaita e pandeireta, ata chegar de novo o cole, onde todas as clases nos amenizaron cunhas bonitas coplas, que seguiron coa paparota que preparan as familias tan rica coma sempre, festa, folclore e baile.

Cando toda a comunidade traballa xunta, se consiguen festas tan bonitas coma esta! Moitas grazas a todas/os!