domingo, 28 de abril de 2019

CONTA - COMIGO


As familias de 6º de EI seguen a traballar con nós...
 
Este luns levamos unha gran alegría, desta vez foi Daniela quen nos deu a sorpresa, veu acompañada do seu pai Daniel.  Daniel leunos un conto e Daniela axudouno. 

MOITAS GRAZAS DANIELAMOITAS GRAZAS DANIEL.


mércores, 24 de abril de 2019

CONTACONTOS


Onte tivemos a visita dun cociñeiro moi especial, é que resulta que tiña que preparar unha cea para a Raiña, e precisou a axuda do noso alumnado para ir atopando todos os ingredientes!

Foi unha xornada moi divertida, na que conmemoramos o día do libro dun xeito moi activo e dinámico!



EN ABRIL, LIBROS MIL

Chegado o 23 de abril, día do libro, e utilizando este xogo de palabras versionando o tradicional refrán, cada aula decidíu e preparou as súas suxerencias lectoras, e colgounas dun paraugas coma se foran pingas de auga. Deixando ademáis, unha decoración moi vistosa ao entrar no cole.

 
 

luns, 22 de abril de 2019

SAÍDAS AO PATRIMONIO

Ao inicio deste curso dende a biblioteca da nosa escola, propuxéronnos como tema a investigar
“O NOSO PATRIMONIO”. Pareceunos unha xenial idea. A nos escola e a cidade na que vivimos
está rodeada de patrimonio. Dende E.I decidimos visitar diferentes lugares que forman parte do
patrimonio da nosa cidade e comprobar a través de fotografías antigas como foron mudando eses
lugares para comprobar que o Patrimonio ademais de ser propiedade de todas as persoas, tamén
é algo que evoluciona e cambia co tempo.










domingo, 7 de abril de 2019