venres, 29 de marzo de 2019

XOGOS TRADICIONAIS

En relación ao estudo de patrimonio que estamos a facer no cole organizouse unha xornada de xogos tradicionais na que as nenas e nenos disfrutaron de diferentes xogos antigos grazas á xestión de Xandobela.

Foi sen dúbida un día especial no que o alumnado aprendeu a divertirse dun xeito diferente.


  
  
  
  












mércores, 27 de marzo de 2019

MASCOTA DA BIBLIO

Outro paso que nos pareceu importante dar no avance da posta en marcha da biblio, foi a creación dunha mascota que nos acompañe en toda a andainda.
Unha vez mais pedimos axuda ao alumnado do cole, animándolles a que discurriran e cabilaran como lles gustaría que fora a mascota da biblio... tiveron ideas boísimas e están todas expostas.
Agora toca votar e decidir!

 


martes, 26 de marzo de 2019

POEMAS DE COMPOSTELA


Continuando co proxecto do Patrimonio de Compostela, está colocada unha exposición de poemas de Campostela, de diferentes autores, de lugares emblemáticos da nosa historia.




xoves, 21 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA


Tras un par de semanas traballando nas aulas directamente coa poesía, varios cursos prepararon poesías de creación propia, rimas, adiviñas rimadas... ou buscaron na biblioteca poesías que lles gustaban, para facer unha lectura conxunta no patio do cole, aproveitando o precioso día que tivemos.






mércores, 20 de marzo de 2019

CONTA - COMIGO


As familias de 6º de EI seguen a traballar con nós...

Este luns levamos unha grande alegría, o pai de Vera Pombo trouxonos unhas noces para elaborar un brinquedo ben curioso.   

GRAZAS VERA E ANTONIO.


domingo, 17 de marzo de 2019

AMADRIÑAMENTOS LECTORES


 A lectura motivadora de momentos de inmensa tenrura.



CONTA - COMIGO


As familias de 6º de EI seguen a traballar con nós...

A Marco gústanlle moito os contos pero ten un que prefire por derriba de calquera outro, un conto cheo de lobos. Nesta ocasión tróuxonos ao seu pai para que nos lera esta historia chea de lobos. 

GRAZAS A MARCO E AO SEU PAPÁ.


xoves, 14 de marzo de 2019

URBAN SKETCHING

Comezamos no Ceip Apóstolo Santiago unha serie de actividades relacionadas co urban sketching, unha forma de arte que xira en torno ás paisaxes urbanas.
 En primeiro lugar, o alumnado disfrutou dunhas sesións ca artista e ilustradora Laura Romero nas que fixo unha demostración  do que é urban sketching.


Por outra banda, os alumnos e alumnas deseñaron e levaron a cabo o seu propio caderno de urban sketching  nas clases de Plástica e que estrearán o día que fagamos a saída polas rúas de Compostela para poñer en práctica todo o aprendido. Velaquí algúns exemplos:


martes, 12 de marzo de 2019

CIENCIA

Dende o mes da ciencia en galego, no que coñecimos a David, xa foron varias as visitas que nos fixo para sorprendernos cos seus experimentos, nos que nos convertimos en científicos por un rato...






luns, 4 de marzo de 2019

ENTROIDO

O longo desta semana tivemos a Dona Almáciga no mando para celebrar o Entroido, cada día fomos atendendo aos seus mandados para saber como tiñamos que ir vestidos o día seguinte.


Ademáis desta actividade, tivemos unha exposición dos entroidos tradicionais de Galicia, feita polo alumnado de 6º de EI, que ademáis de fabricala estiveron dando unhas charlas explicando os diferentes traxes e máscaras dos variados entroidos que existen na nosa cultura galega.
 

 O venres, como último día da semana e víspera de Entroido, puxémonos as nosas galas de Choqueiras e Choqueiros, e saímos de pasarrúas facendo barullo acompañados da batukada, dando cor e música ás rúas de arredor do noso cole.


Despois de tanto andar, volvemos ao cole onde nos esperaban moitas nais e pais cunha paparota do mais variado para repoñer forzas, e mentres, o alumnado, foinos deleitando cunhas regueifas que tiñas compostas, e outras que foron saíndo improvisadas, e que nos tiveron a tod@s moi atento@s!!
Para rematar como non pode ser doutro xeito nunha boa festa, música, baile e a xogar!

venres, 1 de marzo de 2019

COMO QUERES QUE SEXA A NOSA BIBLIO?

Na intención de poñer en boa marcha a biblio do cole, partimos da neccesidade de que sexa un lugar acolledor e que cumpla as mais posibles das necesidades dos seus usuarios. Polo tanto levamos a cabo esta actividade, á que responderon na súa maior medida con debuxos que temos expostos no corredor da mesma biblioteca.

Moitas grazas! Tedes ideas boísimas!