luns, 25 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

O día de Rosalía de Castro e una data que nunca deixamos esquecer neste centro.
Dende a biblio se propuxeron varias lecturas que estiveron sempre a  man, algunhas na biblioteca do centro e outras no recuncho de lectura da entrada.

De entre todas as actividades que se propuxeron, foron moitas as realizadas, aínda que non temos constancia gráfica de todas elas, pero a continuación deixamos unha mostra das que puidemos recoller: A visita de Rosalía superheroína, o traballo dende plástica dos retratos de Rosalía dende distintas correctes pictóricas, murais e poesías polos corredores do centro, replicas de como sería a súa casa dende a visión dos seus poemas... entre outras!










domingo, 24 de febreiro de 2019

CONTA - COMIGO


As familias de 6º de EI seguen a traballar con nós...

Algúns dos libros que máis nos gustan da nosa biblioteca de aula, son os das mulleres bravas. Nesta ocasión Beli sorprendeunos traendo a unha amiga, Eva Agra, artista e ilustradora de Mulleres Bravas. Presentounos á protagonista do novo exemplar de mulleres bravas, Pepa a Loba. 

GRAZAS EVA E BELI.


venres, 22 de febreiro de 2019

TRABALLANDO NA BIBLIO

Traballando entre todos para conseguir unha biblioteca en perfectas condicións, o alumnado de 2º xa é experto nesta labor!!!




mércores, 20 de febreiro de 2019

CONTA - COMIGO


As familias de 6º de EI seguen a traballar con nós...

A Vera encántalle a música, sobre todo a dos “BEATLES”. Lu  acompañouna e viñeron contarnos
un montón de cousas sobre este grupo musical.   

GRAZAS VERA E LU.



luns, 18 de febreiro de 2019

AMADRIÑAMENTOS LECTORES


Desta volta as nosa madriñas e padriños de lectura, agasalláronnos cunha obra de teatro.  O tempo prestouse para que o escenario se trasladara ao exterior e poder desfrutar da agradable temperatura.


venres, 1 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o día da paz, baixo o lema "Imaxina toda a paz que podemos xuntar no cole", quixemos construir, ladrillo a ladrillo, a fachada principal do edificio do noso colexio.

Primeiramente fixemos a estructura do edificio a lapis, distribuimos todos os ladrillos e cada un tivo a liberdade de decoralo como quixo, con colores, con debuxos, con frases...a voar a imaxinación! E ao longo da mañá do 31 de xaneiro, un a un foron colocando cada ladrillo ata quedar este mural tan colorido.