venres, 21 de decembro de 2018

CONCERTO DE NADAL E VISITA DO APALPADOR



Despois de todo un trimestre cheo de esforzo e traballo chegou o día do festival de Nadal! Como non pode ser doutro xeito, para celebralo tivemos con nos ao Apalpador, que fixo unha pequena parada no Apóstolo Santiago. E para continuar a festa, pechamos o trimestre co concerto de Pakolas!!





xoves, 20 de decembro de 2018

CONTA - COMIGO


As familias de 6º de EI seguen a traballar con nós...

Nesta ocasión foi Xiana quen nos quixo amosar todo o que medrara o seu irmán Roi e todas as cousas que xa sabe facer so. 

 Grazas Xiana, Lucía e Roi.


martes, 18 de decembro de 2018

XOGUETES POLO NADAL- Maleta de Chafaris



Decembro é un mes máxico, un mes de agardar polo descanso merecido dun primeiro trimestre , un mes preludio do novo ano e sobre todo para as nosas nenas e nenos , un mes de agardar porque chegue esa noite máxica na que o Apalpador baixa das montañas do Courel.

O Apalpador adoita deixarnos unha presiña de castañas ademais de brinquedos que nos enchen de ledicia.

Para que as nenas e nenos teñan claro que tipo de xogos van pedir ao xigante do Courel,  dende a biblioteca pedimos á xoguetería Chafarís, situada na Rúa Algalia de Arriba nº 16 , aquí en Compostela, que nos emprestara a súa maleta viaxeira. 

Lembrade que un xoguete que fomenta os estereotipos de xénero, non é un xoguete de calidade e que o mellor agasallo é aquel que se pode desfrutar en compañía ,como por exemplo un libro en galego  para ler en familia.

BOAS FESTAS!!





luns, 17 de decembro de 2018

AMADRIÑAMENTOS LECTORES


A complicidade coas nosas compañeiras e compañeiros de 4º de E.P., axúdanos a ser conscientes de que pertencemos a unha comunidade na que os momentos compartidos son fonte de placer, independentemente da edade que teñamos.


sábado, 1 de decembro de 2018

CONTA - COMIGO

As familias de 6º de EI seguen a traballar con nós...


A Gabriel Nouche encántalle que lle lean contos, a súa nai Cristina estivo na aula lendo  varios  contos que teñen como protagonistas a animais que viven no campo.   

GRAZAS A CRIS E A GABRIEL.